O LXIII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse na capital lusa, Lisboa, os días 8, 10 e 12 de maio de 2018. O certame foi albergado no Altice Arena, tras a vitoria de Portugal na edición anterior. Tanto as semifinais coma a final foron presentadas por Filomena Cautela, Sílvia Alberto, Daniela Ruah e Catarina Furtado.

Corenta e tres países participaron na competición, igualando o récord do Festival de Eurovisión 2008 e Festival de Eurovisión 2011. Rusia regresou ao festival trala súa ausencia na edición anterior, e por primeira vez desde o 2011 ningún país deixou o concurso.

Esta edición estivo marcada polo feito de que tanto Azerbaidján, Romanía e Rusia non se clasificaron para a final por primeira vez desde a introdución das semifinais no Festival de Eurovisión 2004. Por outra banda, ningún país da zona do Cáucaso logrou tampouco clasificarse para a final, o que non ocorría desde o Festival de Eurovisión 2005.

O país gañador do Festival de Eurovisión 2018 foi Israel coa canción "Toy", interpretada por Netta. Esta foi a cuarta vitoria de Israel no concurso, sendo as anteriores nos anos Festival de Eurovisión 1978, Festival de Eurovisión 1979 e Festival de Eurovisión 1998. Nesta edición tanto Chipre como a República Checa recibiron as súas mellores puntuacións desde os seus respectivos debuts, obtendo a 2ª e 6ª praza respectivamente, mentres que Portugal, o país anfitrión, quedou último.

Organización Sede do festival Tras a vitoria de Salvador Sobral no Festival da Canción de Eurovisión de 2017 coa canción "Amar pelos dois", a edición de 2018 está programada para ter lugar en Portugal. O supervisor executivo de Eurovisión, Jon Ola Sand, emitiu a invitación de acollida a Rádio e Televisão de Portugal (RTP) durante a conferencia de prensa do gañador, entregando un "dossier" de organizador á RTP.

O 15 de maio de 2017, a RTP declarou que o evento tería lugar en Lisboa, e informou que a Unión Europea de Radiodifusión suxeriulles o MEO Arena como recinto potencial, aínda que non confirmou este extremo de xeito definitivo. Esta decisión desencadeou críticas polo seu carácter centralista, xa que, nos anos anteriores, todos os países anfitrións elixiron o lugar do festival a través dun concurso. En reacción, o día seguinte, o director de programas de RTP, Daniel Deusdado, volveu atrás e garantiu que "non hai decisión sobre o local" e que a estación pública portuguesa "vai mirar cara ao mapa de Portugal", antes de elixir unha localización, que será determinada polos custos, área cuberta, condicións do contorno e capacidade hoteleira. Os concellos de Lisboa, Guimarães, Faro e Santa Maria da Feira declararon o seu interese en recibir o evento. Pola contra, o concello do Porto, unha seria cidade candidata a recibir o festival, na voz do seu presidente, Rui Moreira, non mostrou interese en recibir o evento xustificando como razóns o custo que iso tería para a cidade e que o concello non estaría diposto a pagar. Así mesmo, o Consello Metropolitano do Porto defendeu, en declaracións do seu presidente, a realización do festival na Área Metropolitana do Porto, pero no municipio de Santa Maria da Feira, onde se sitúa o Europarque, un dos máis grandes centros de convencións de Portugal. O responsable engadiu que, nun radio de 30 quilómetros ao redor do Europarque "hai máis de oito mil camas, quedando próximo do aeroporto e dos principais ferrocarrís", polo que, para a organización do evento, "Lisboa e o Porto están en igualdade, pero xa é tempo de que non quede todo centralizado en Lisboa".

O 25 de xullo de 2017, a RTP e a UER anunciaron en rolda de prensa que Lisboa fora seleccionada como sede, sendo Braga, Gondomar, Guimarães e Santa Maria da Feira as outras candidaturas que se incluíran no proceso de licitación.

Sede elixida Cidade Sede Capacidade Información Braga Parque de Exposições de Braga 3 00015 000 (tras reconstrución) O Parque de Exposições de Braga é unha estrutura dedicada a feiras, exposicións, congresos e eventos socio-culturais, científicos, recreativos e deportivos. Aínda que a capacidade actual é de 3.000 espectadores, está prevista unha reconstrución que eleve a capacidade a 15.000 persoas. Gondomar Multiúsos Gondomar Coração de OuroEstas son las cinco ciudades que compiten por acoger Eurovisión 2018 con Lisboa como favorita Eurovision-spain.com 29 de maio de 2017 8 000 O pavillón permite realizar múltiples deportes, así como exposicións, espectáculos culturais, actividades de carácter económico-social e concertos de música. Aínda que a capacidade máxima é de 4.400 espectadores, cando o público está de pé pode albergar ata 8.000 persoas. Guimarães Multiusos de Guimarães 5 000 Recibe anualmente grandes concertos e eventos internacionais. Lisboa Altice Arena 20 000 Recibiu a Expo98, o Mundial de Baloncesto Sub19 de 1999, oos MTV Europe Music Awards de 2005, a Web Summit 2016 e moitos concertos e grandes eventos internacionais. Santa Maria da Feira Europarque 11 000 Parte do centro de convencións máis importante da rexión do Porto, recibiu a final do Festival RTP da Canção de 2001 e moitos concertos e eventos internacionais. Foi a sede defendida polo consello da Área Metropolitana do Porto.</small>

Datas miniatura|dereita|200px|O escenario montado para o Festival no Altice Arena de Lisboa. O 25 de xullo de 2017, na mesma rolda de prensa na que se anunciou Lisboa como cidade sede, as datas das semifinais fixáronse o 8 e o 10 de maio de 2018, e a final o 12 de maio.

Lista de participantes País e TV Artista Proceso e data de selección Tradución ao galego Idiomas AlbaniaRTSH «Mall» Eugent Bushpepa Festivali i Këngës 56, 23-12-2017 (Presentación da versión final, 16-03-2018) «Anhelo» Albanés AlemañaNDR «You Let Me Walk Alone» Michael Schulte Unser Lied für Lissabon, 22-02-2018 «Ti me deixastes camiñar só» Inglés ArmeniaAMPTV «Qami» (Քամի) Sevak Khanagyan Depi Evratesil 2018, 25-02-2018 (Presentación da versión final, 21-03-2018) «Vento» Armenio AustraliaSBS «We Got Love» Jessica Mauboy Presentación da canción, 08-03-2018 (Cantante elixida internamente, 11-12-2017) «Temos amor» Inglés AustriaORF «Nobody but You» Cesár Sampson Presentación da canción, 09-03-2018 (Cantante elixido internamente, 05-12-2017) «Ninguén máis ca ti» Inglés Azerbaidjánİctimai «X My Heart» Aisel Presentación da canción, 04-03-2018(Cantante elixida internamente, 08-11-2017)(Presentación da versión final, 13-03-2018) «X meu corazón» Inglés BélxicaVRT «A Matter of Time» Sennek Presentación da canción, 05-03-2018(Cantante elixida internamente, 28-09-2017) «Cuestión de tempo» Inglés BelarúsBRTC «Forever» ALEKSEEV EuroFest 2018, 16-02-2018(Presentación da versión final, 28-03-2018) «Para sempre» Inglés BulgariaBNT «Bones» Equinox Elección interna, 12-03-2018 «Ósos» Inglés CroaciaHRT «Crazy» Franka BatelićPresentación da canción, 06-03-2018(Cantante elixida internamente, 13-02-2018) «Tola» Inglés ChipreCyBC «Fuego» Eleni Foureira Presentación da canción, 02-03-2018 (Cantante elixida internamente, 25-01-2018) «Lume» Castelán e inglés DinamarcaDR «Higher Ground» Rasmussen Dansk Melodi Grand Prix 2018, 10-02-2018 «Terras altas» Inglés EsloveniaRTVSLO «Hvala, ne!» Lea Sirk Evrovizijska Melodija (EMA) 2018, 24-02-2018 «Non, grazas!» Esloveno EspañaTVE «Tu canción»Amaia e Alfred Operación Triunfo 2017, 29-01-2018 (Presentación da versión final, 09-03-2018) «A túa canción» Castelán EstoniaERR «La forza» Elina Nechayeva Eesti Laul 2018, 03-03-2018 «A forza» Italiano FinlandiaYle «Monsters» Saara Aalto Uuden Musiikin Kilpailu (UMK) 2018, 03-03-2018(Cantante elixida internamente, 07-11-2017) «Monstros» Inglés FranciaFrance 2 «Mercy» Madame Monsieur Destination Eurovision 2018, 27-01-2018(Presentación da versión final, 12-03-2018) - Francés XeorxiaGPB «For you» Iriao Presentación da canción, 13-03-2018 (Grupo elixido internamente, 01-01-2018) «Por ti» Xeorxiano GreciaERT «Oniro Mou» (Όνειρο Μου) Gianna Terzi Elección interna, 16-02-2018 «O meu sono» Grego Hungría MTVA «Viszlát nyár» AWS A Dal 2018, 24-02-2018 «Adeus verán» Húngaro Irlanda RTÉ «Together» Ryan O'Shaughnessy Presentación da canción, 09-03-2018(Cantante elixido internamente, 31-01-2018) «Xuntos» Inglés IslandiaRÚV «Our Choice» Ari Ólafsson Söngvakeppnin 2018, 03-03-2018 «A nosa elección» Inglés IsraelIPBC «Toy» Netta The Next Star 2018, 13-02-2018 (Presentación da canción, 10-03-2018) «Xoguete» Inglés ItaliaRAI «Non mi avete fatto niente» Ermal Meta e Fabrizio Moro San Remo 2018, 10-02-2018 «Non me ficheches nada» Italiano LetoniaLTV «Funny Girl» Laura Rizzotto Supernova 2018, 24-02-2018 «Chica divertida» Inglés LituaniaLRT «When We're Old» Ieva Zasimauskaitė Eurovizijos Atranka 2018, 11-03-2018 «Cando sexamos vellos» Inglés Macedonia (ARI)>MKRTV «Lost and Found» Eye Cue Presentación da canción, 11-03-2018 (Dúo elixido internamente, 13-02-2018) «Perdidos e atopados» Inglés MaltaPBS «Taboo» Christabelle Malta Eurovision Song Contest (MESC) 2018, 03-02-2018 (Presentación da versión final, 09-03-2018) «Tabú» Inglés MoldovaTRM «My Lucky Day» DoReDoS O Melodi Pentru Europa 2018, 24-02-2018 (Presentación da versión final, 12-03-2018) «Meu día de sorte» Inglés MontenegroRTCG «Inje» Vanja Radovanović Montevizija 2018, 17-02-2018 (Presentación da versión final, 11-03-2018) «Escarcha» Montenegrino NoruegaNRK «That's How You Write a Song» Alexander Rybak Norsk Melodi Grand Prix 2018, 10-03-2018 «Así é como se escribe unha canción» Inglés Países BaixosAVROTROS «Outlaw in 'Em» Waylon </ref> Presentación da canción, 02-03-2018 (Cantante elixido internamente, 09-11-2017) «Foraxido neles» Inglés PoloniaTVP «Light Me Up» Gromee feat. Lukas Meijer Krajowe Eliminacje 2018, 03-03-2018 «Acéndeme» Inglés PortugalRTP «O Jardim» Cláudia Pascoal Festival da Canção 2018, 04-03-2018 «O Xardín» Portugués Reino UnidoBBC «Storm» SuRie Eurovision: You Decide 2018, 07-02-2018 (Presentación da versión final, 07-03-2018) «Tormenta» Inglés República ChecaČT «Lie to Me» Mikolas Josef Eurovision Song CZ 2018, 29-01-2018 (Presentación da versión final, 13-03-2018) «Ménteme» Inglés RumaniaTVR «Goodbye» The Humans Selecţia Naţională 2018, 25-02-2018 «Adeus» Inglés RusiaC1R «I Won’t Break» Yulia Samoylova Presentación da canción, 11-03-2018 (Cantante elixida internamente, 29-01-2018) «Non me romperei» Inglés San MarinoSMRTV «Who We Are» Jessika feat. Jenifer Brening 1in360 show 2018, 03-03-2018 «Quen somos» Inglés SerbiaRTS «Nova deca» (Нова деца) Sanja Ilić e Balkanika Beovizija 2018, 20-02-2018(Presentación da versión final, 26-03-2018) «Novos nenos» Lingua construída, serbio e torlak SueciaSVT «Dance You Off» Benjamin Ingrosso Melodifestivalen 2018, 10-03-2018 «Bailarte» Inglés SuízaSRG SSR «Stones» Zibbz Die Große Entscheidunsshow 2018, 04-02-2018 (Presentación da versión final, 12-03-2018) «Pedras» Inglés UcraínaUA:PBC«Under the Ladder» Mélovin Nacionalnij Vidbir 2018, 24-02-2018 «Baixo da escaleira» Inglés

Sorteo de semifinais Os compoñentes do Big Five (Alemaña, España, Francia, Italia e Reino Unido) e o anfitrión Portugal teñen garantido o seu pase á final do festival, que se celebrará o 12 de maio.

Os outros 37 países gañaranse este posto na semifinal. 19 deles enfrontaranse na primeira semifinal do 8 de maio mentres que os outros 18 restantes farán o propio o 10 de maio. Os dez máis votados de cada semifinal conseguirán o pase á gran final. O sorteo para decidir en que semifinal actuará cada candidatura e en que metade (primeira metade ou segunda metade) levouse a cabo o 29 de xaneiro de 2018 no Concello de Lisboa; para iso os países participantes foron repartidos en seis bombos en razón á súa localización xeográfica e tendencia nas votacións.

Bombo 1 Bombo 2 Bombo 3 Bombo 4 Bombo 5Bombo 6

Albania Croacia Eslovenia Macedonia Montenegro Serbia Suíza

Dinamarca

Finlandia

Irlanda

Islandia

Noruega

Suecia

Armenia

Azerbaidján

Belarús

Xeorxia

Rusia

Ucraína Bulgaria

Chipre

Grecia

Hungría

Moldova

Romanía