RD-275 é a designación dun tipo de motor foguete utilizado na primeira etapa do foguete Proton.

Características Os motores RD-275 foron deseñados pola oficina de deseño de Glushko a partir dos motores RD-253 utilizados orixinalmente nos foguetes Proton. Entre as varias melloras, son máis potentes que os orixinais e foron usados entre 1987 e 2007, cando foron substituídos por un modelo actualizado, o RD-276. Teñen un pulo de 1745,0 kN.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos RD-253 RD-276 Proton

Categoría:Motores foguete