Johannes Legrant, tamén coñecido polos nomes de Jean Legrant e de Jan le Grant, foi un músico francoflamengo de orixe francesa activo entre os anos 1420 e 1450, pertencente á escola de BorgoñaJohannes Legrant en Encyclopédie Larousse.. Semella non ter relación ningunha co seu homónimo, Guillaume Legrant, compositor coetáneo tamén pertencente á escola francoflamenga.
Traxectoria Pouco se sabe sobre a súa vida de Legrant nos primeiros anos do século XV. En 1423 e 1424, era músico e probablemente vicario na Colexiata de San Vicente de Soignies, unha institución cunha actividade musical importante. Foi tamén cantante na catedral de Anveres entre 1441 e 1443, segundo consta nos rexistros eclesiásticos.
Obra O estilo de Jean Legrant é semellante ao do inicio daescola de Borgoña, e amosa claras influencias dalgúns dos primeiros traballos de Guillaume Dufay e de Gilles Binchois. Compuxo pezas melódicas de estilo elegante, ao xeito típico de Borgoña, particularmente rondós e baladas.
É salientable a súa balada Entre vous, nouviaux mariésEntre vos Nouviaux Maries . En Asteria. Late medieval vocal and instrumental music.), así como catro obras sacras, particularmente unha gloria para dúas e tres voces, e un credoa tres voces.
Obras conservadas Las je ne puis (rondó)Composicións de Jean Legrant. En Allmusic.com.. Entre vous, nouviaux mariés (balada)Concerto da BBC .. Se liesse (rondó).Johannses Legrant. The Spirits of England & France. Vol. 3.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Reese, Gustave. Music in the Renaissance. Nova York. W. W. Norton. 1954. [ISBN 0-393-09530-4]
Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Finados no século XV