é un expiloto de carreiras e dono dun equipo do Xapón. Comezou a competir en motocrós cando tiña 15 anos. En 1964 fichou para conducir para Nissan. Logo de participar en carreiras de berlinas e GT no Xapón, participou na súa única carreira de Fórmula 1 no Gran Premio do Xapón de 1976 cun Kojima o 24 de outubro de 1976. Cualificou 10º logo dun erro que lle custou a súa oportunidade de lograr unha pole position e terminou 11º, sete voltas detrás do gañador. Notablemente, tamén fixou a volta rápida da carreira..

Hasemi converteuse en campión do Xapón de Fórmula 2 en 1980, e conseguiu dous títulos nas Fuji Grand Champion Series en 1974 e 1980. Gañou o campionato xaponés de coches de turismo en 1989, 1991 e 1992. Tamén gañou o All Japan Sports Prototype Championship en 1990, coa polémica vitoria no Gran Premio de Macau en 1990 e as 24 Horas de Daytona en 1992. Hasemi retirouse da condución en 2001.

Hasemi é o último piloto xaponés en gañar o Gran Premio do Xapón, gañando en 1975, cando era unha carreira fóra de Campionato.

Rexistro de carreiras

Resultados no Campionato do Xapón de Top Formula (clave) Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos 1974 Kojima EngineeringSUZ SUZ1 SUZ3 SUZ9 2º 20 1975 Sakai Racing Team FUJ1 SUZ1FUJ SUZRet 3º 45 Kojima Engineering SUZ5 1976 Kojima Engineering FUJ5SUZ FUJ2 SUZ2 SUZ4 2º 52 1977 Kojima EngineeringSUZSUZMIN SUZ1 FUJ3 4º 46 Private Hasemi FUJ9 SUZ4 SUZ9

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Pts Kojima Engineering Kojima KE007 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN11 NC 0

Resultados completos na Bathurst 1000 Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. ClasePos. 1981 Nissan Motor Co. Kazuyoshi Hoshino Nissan Bluebird Turbo 4 Cilindros 66 Ret Ret 1982 Nissan Motor Co. Kazuyoshi Hoshino Nissan Bluebird Turbo B 153 8º 1º

Volta rápida na Fórmula 1

Inicialmente anunciouse que Hasemi lograra a volta rápida no Gran Premio do Xapón de 1976, pero foi un erro de medición, e varios días despois, o circuíto publicou un comunicado de prensa para corrixilo sendo a máis rápido da carreira Jacques Laffite. Este feito é amplamente coñecido no Xapón, pero non se coñece ben fóra do Xapón, polo tanto, Hasemi aparece aínda como o posuidor da volta rápida en moitos rexistros de carreiras.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Masahiro Hasemi profile at the Japan Automobile Federation Hasemi Sport Deals with Nissan aftermarket parts (Japanese) Kojima F1 Project 1976 Japanese Grand prix page, partially dedicated to Hasemi-san and the car Gzox Hasemi's Super GT sponsor's page (Japanese) Team profile

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 do Xapón Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Kojima Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans