Nanina Santos Castroviejo, nada na Notaria (Padrenda) o 7 de xaneiro de 1951, é unha escritora galega.
Traxectoria Destacada feminista comezou a súa actividade na clandestinidade. En 1970 entrou na Federación de Comunistas que se fusionaría co Movimiento Comunista. Foi a primeira representante feminina nesta organización e responsábel da estrutura de mulleres do MCG. Participou na creación da Asociación Galega da Muller en 1976.
Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesora de música no IES Esparis de Brión, e no IES de Brión posteriormente ata o ano 2019. Foi directora da revista Andaina. Está especializada en xénero e muller.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Mulleres expertas Nanina Santos: "Ás feministas víannos como tolas ou amargadas"
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Padrenda Categoría:Nados en 1951 Categoría:Feministas de Galicia