Felice Bonetto, nado en Manerbio o 9 de xuño de 1903 e finado en Silao (México) o 21 de novembro de 1953, foi u piloto de carreiras italiano, coñecido co alcume de "Il Pirata" (O Pirata).

Foi unha lenda das carreiras de estrada, comezou a competir na década de 1930, e gozou dunha breve andaina na Fórmula Un, incluíndo unha vitoria na carreira fóra de campionato do Grande Premio do Jubileu en 1953, competiu con coches italianos, comezando cun Maserati para a Scuderia Milano, un Alfa Romeo oficial, e finalmente un Maserati, conseguindo dous podios compartidos no Campionato do Mundo. Os seus maiores éxitos foron en coches deportivos, gañou a Targa Florio (1952), pero tristemente morreu cando chocou contra un poste durante a Carreira Panamericana de 1953 cando era líder.

Carreira

Debut e inicios

Felice Bonetto naceu en Manerbio, na provincia de Brescia, o fogar da Mille Miglia. Malia iso, comezou nas carreiras, moi novo, en motos. O cambio a catro rodas chegou moi tarde para os estándares modernos. De feito, xa tiña 28 anos cando participou na Bobbio-Penice, cun Bugatti. Malia ter que conformarse con coches que non sempre eran competitivos, non faltaron os resultados. En 1933, Bonetto foi terceiro no infame Gran Premio de Monza cun Alfa Romeo 8C 2600. A carreira sempre será recordada como o Día Negro de Monza, cando tres dos mellores pilotos de Europa estreláronse mortalmente con poucas horas de diferenza: Giuseppe Campari, Mario-Umberto Borzacchini e o Conde Stanisław Czaykowski. Tamén terminou segundo na Coppa Principessa di Piemonte. Un ano máis tarde chegou duodécimo na Mille Miglia, pero obtivo o seu maior éxito logo da segunda guerra mundial. A segunda guerra mundial parou abruptamente a súa carreira, así como a dos seus colegas da época. Bonetto retomou a súa carreira en 1946 cun pequeno Cisitalia, antes de pasar á Fórmula Un.

Fórmula Un

Aínda que Bonetto correra nates en coches de Fórmula 1, fixo o seu debut no campionato do mundo de F1 no Gran Premio de Suíza de 1950. A falta de cinco días para cumprir 47 anos. Participou no seu propio Maserati 4CLT en varios Grandes Premios, baixo a bandeira da Scuderia Milano, e pilotou un Alfa Romeo SpA de fábrica en 1951, como o seu terceiro piloto. Compartiu un terceiro posto, con Giuseppe Farina no Gran Premio de Italia de 1951. Seguu competindo nos coches deportivos, pero volveu á Fórmula Un a finais de 1952 e fixo unha boa tempada en Maserati en , cunha visita ao podo, compartindo outra vez o terceiro posto no Gran Premio dos Países Baixos de 1953. Esta vez asociado con José Froilán González. Lonxe do Campionato do Mundo, Bonetto tivo certo éxito, foi segundo no Gran Premio de Nápoles de 1949 nun Ferrari.

As do deporte

Máis que na F1, con todo, Bonetto tivo moito éxito nos autos deportivos. Gañou en 1947 no Circuíto de Firenze pilotando un Delage 3000. En 1949 foi segundo na Mille Miglia, detrás de Clemente Biondetti, ambos pilotaban un Ferrari 166 MM Touring para a Scuderia Ferrari e en 1950 gañou a Pontedecimo-Giovi hillclimb nun Osca e o Gran Premio de Oporto no seu propio Alfa Romeo. A seguinte tempada, pilotou o novo modelo 1900TI de Alfa Romeo logrando á vitoria da clase no "Giro di Sicilia". Logo, en 1952, marchou a Scuderia Lancia e ao volante dun Lancia Aurelia B20 acabou segundo no giro di Sicilia. Continuou cun sexto lugar no Preis von Bremgarten e un oitavo nas 24 Horas de Le Mans, e finalmente unha gran vitoria na Targa Florio. Continuou co equipo Scuderia Lancia en 1953. O terceiro lugar na Mille Miglia, o segundo no Gran Premio de Monza, a vitoria no Gran Premio do Jubileu no Circuíto de Monsanto Park converteuno en parte da escuadrilla despregada para a Carreira Panamericana de 1953 os seus compañeiros de equipo para a carreira foron Juan Manuel Fangio, Piero Taruffi, Giovanni Bracco e Eugenio Castellotti.

Morte

A Carreira Panamericana, era un rally perigoso e difícil nunha estrada pública en México que tiña lugar durante 6 días desde un extremo do país norteamericano a outro, cubrindo unha distancia de 3.200 km. Era a última rolda do Campionato Mundial de Sportscar de 1953, a carreira comezou o 19 de novembro de 1953, desde Tuxtla Gutiérrez, Bonetto gañou a primeira etapa, fronte aos seus compañeiros de equipo Taruffi, Fangio e Castellotti. Taruffi gañaría as seguintes dúas etapas, aínda que Bonetto mantivo o liderado. O terceiro día de competición, Bonetto e Taruffi achegáronse e continuaron loitando entre eles. Na segunda etapa do día, con todo, Taruffi saíuse da estrada nunha zona de néboa antes da pequena cidade de Silao, a uns 25 quilómetros de León, danando a dirección do seu Lancia. Na mesma localidade, Bonetto estrelou o seu Lancia contra o balcón dunha casa, terminando contra un poste. Bonetto golpeou a cabeza no balcón a toda velocidade e morreu instantaneamente. Antes do evento, Bonetto xunto a Taruffi e outros pilotos italianos marcaran as zonas perigosas ao longo da ruta con sinais azuis. O seu accidente ocorreu nun deses lugares, malia a precaución de marcar as curvas, Felice tomaría unha curva de 96 km/h a 200 km/h..

Logo da morte de Bonetto, o dono do equipo Gianni Lancia quixo retirar os seus coches da carreira, pero os pilotos sobreviventes decidiron seguir competindo na honra do seu compañeiro de equipo. Fangio, Taruffi e Castellotti chegaron á meta dando a Lancia os tres primeiros lugares, pero foi un éxito do que non se alegraron, xa que ademais de Bonetto a carreira tamén cobrouse a vida doutros pilotos italianos, Antonio Stagnoli e Giuseppe Scotuzzi, Así como seis espectadores. Bonetto está enterrado na sección italiana do cemiterio do Cemiterio dos Dolores na Cidade de México.

A Familia Bonetto no mundo do automóbil

A contribución da familia Bonetto ao mundo do automóbil non terminou coa morte de Bonetto. O sobriño, Rodolfo Bonetto, foi unha figura destacada no campo da arquitectura italiana e o deseño industrial. O fillo de Rodolfo, Marco, continuou neste campo como presidente de Bonetto Design. En canto ao propio fillo de Felice, Roberto Bonetto dedicou a súa carreira ao xornalismo, para converterse no subdirector de Quattroruote.

Rexistro de carreiras

Tempada Series Posición Equipo Coche 1933 Coppa Principessa di Piemonte 2º Alfa Romeo 8C 2600 Gran Premio di Monza 2º Alfa Romeo 8C 2600 1947 Coppa Asti Spumante 1º Cisitalia SpA Cisitalia-Fiat D46 Circuito di Vigevano 1º Cisitalia SpA Cisitalia-Fiat D46 Circuito di Firenze 1º Delage 3000 Italian 1500cc u/s Championship 3º Cisitalia SpA Cisitalia-Fiat D46 Circuito di Pescara, Coppa Acerbo 3º Maserati 1948 Gran Premio di Apertura 1º Cisitalia SpA Cisitalia-Fiat D46 Coppa Giorgio e Alberto Nuvolari 1º Cisitalia SpA Cisitalia-Fiat D46 Gran Premio di Bari, Coppa Brasile 2º Cisitalia SpA Cisitalia-Fiat D46 Prix de Berna 3º Squardra Peiro Dusio Cisitalia-Fiat D46 1949 Mille Miglia 2º Scuderia Ferrari Ferrari 166 MM Barchetta Touring Gran Premio di Napoli 2º Scuderia Ferrari Ferrari 166 MM Touring Gran Premio dell’Autodromo di Monza 2º Scuderia Ferrari Ferrari 166C Gran Premio di Bari 3º Felice Bonetto Ferrari 166C 1950 Gran Premio di Oporto 1º Alfa Romeo 412 Pontedecimo-Giovi 1º Osca Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950 19º Scuderia Milano Maserati 4CLT/50Milano-Speluzzi 1951 Gran Premio d’Italia 3º Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951 8º Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159AAlfa Romeo 159M 1952 Targa Florio 1º Lancia Aurelia B20 Competitzione Giro di Sicilia 2º Lancia Aurelia B20 Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1952 16º Officine Alfieri Maserati Maserati A6GCM 1953 Grande Premio do Jubileu 1º Scuderia Lancia Lancia D23 Gran Premio dell’Autodromo di Monza 2º Scuderia Lancia Lancia D23 Mille Miglia 3º Scuderia Lancia Lancia D20 Berlinetta Pinin Farina Grote Prjs van Nederland 3º Officine Alfieri Maserati Maserati A6GCM/53 Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1953 9º Officine Alfieri Maserati Maserati A6GCM/53

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Scuderia Milano Maserati 4CLT/50 Maserati Straight-4 GBRNCG MON 500 SUI5 BEL FRARet 19º 2 Milano Speluzzi ITANTS Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A Alfa Romeo 8 en liña SUI 500 BEL FRA GBR4 ALERet ITA3 8º 7 Alfa Romeo 159M ESP5 Officine Alfieri Maserati Maserati A6GCM Maserati 6 en liña SUI 500 BEL FRA GBR ALEDSC NED ITA5 16º 2 Officine Alfieri Maserati Maserati A6GCM Maserati 6 en liña ARXRet 500 NED3‡ BEL FRARet GBR6 ALE4 SUI4† ITARet 9º 6.5

Notas ‡ compartido con José Froilán González † compartido con Juan Manuel Fangio

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans Ano Equipo Co-Piloto Coche Clase Voltas Pos. ClasePos. 1952 Louis Rosier Louis Rosier Talbot-Lago T26C S5.0 92RetTanque aceite 1953 Scuderia Lancia Enrico Anselmi Lancia Aurelia B20 S2.0 247 8º 2º 1953 Scuderia Lancia Gino Valenzano Lancia D20 S8.0 66Ret(Starter)

Resultados completos na Mille Miglia Ano Equipo Co-Pilotos/Navegador Coche Clase Pos. ClasePos. 1934 A. Negri Alfa Romeo 8C 2300 S3.0 12º 8º 1948 Milto Maritano Cisitalia 202 SMM S1.1Ret 1949 Scuderia Ferrari Carpani Ferrari 166 MM S+1.1 2º 2º 1950 Felice Bonetto G. Casnaghi Alfa Romeo 412 Spider Touring S+2.0Ret 1951 Felice Bonetto G. Casnaghi Alfa Romeo 412 Spider Touring S/GT+2.0 6º 3º 1952 Felice Bonetto Gian Paolo Voplini Lancia Aurelia B20 GT2.0Ret 1953 Scuderia Lancia U. Peruzzi Lancia D20 Pinin Farina S+2.03º

Resultados completos na Carrera Panamericana Ano Equipo Co-Piloto/Navegador Coche Clase Pos. ClasePos. 1950 Automobile Club d'Italia Bruno Bonini Alfa Romeo 6C 2500 8º n/a 1951 Gian Paolo Volpini Lancia Aurelia B20 Ret n/a 1952 Felice Bonetto Lancia Aurelia B20 SRet(Accidente) 1953 Scuderia Lancia Lancia D24 S+1.6Ret(Accidente mortal – Bonetto)

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1953 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Italia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scuderia Milano Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alfa Romeo Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Maserati Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans