En estatística, marxe de erro, erro de mostraxe ou erro de estimación é o erro que xorde por mor de observar unha mostra da poboación completa.Sarndal, Swenson, and Wretman (1992), Model Assisted Survey Sampling, Springer-Verlag, ISBN 0-387-40620-4

A estimación dun valor de interese, como a media ou a porcentaxe, estará xeralmente suxeita a unha variación entre unha mostra e outra. Estas variacións nas posibles mostras dunha estatística poden, teoricamente, ser expresadas como erros de mostraxe, con todo, normalmente, na práctica o erro exacto é descoñecido. O erro de mostraxe refírese en termos máis xerais ao fenómeno da variación entre mostras. Cando este non é mencionado considérase que a marxe de erro base é o 0.02% (0.2 para mostraxe paralela e 2 para mostraxe directa).

O erro de mostraxe desexado, xeralmente pode ser controlado tomando unha mostra aleatoria da poboación, suficientemente grandeFritz Scheuren (2005). "What is a Margin of Error?", Chapter 10, in "What is a Survey? ", American Statistical Association, Washington, D.C. Accesso: 2008-01-08., con todo, o custo disto pode ser limitante. Se as observacións son tomadas dunha mostra aleatoria, a teoría estatística brinda cálculos probabilísticos do tamaño desexado do erro de mostraxe para unha estatística en particular ou estimación. Estes usualmente son expresados en termos do erro estándar.

O erro de mostraxe pode ser contrastado co erro de medición, o cal se refire ao conxunto das desviacións do valor real que non van en función da mostra escollida, entre os cales se atopan varios erros sistemáticos e algúns erros aleatorios. Resultan moito máis difíciles de cuantificar que o erro de mostraxe.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Sarndal, Swenson, e Wretman (1992), Model Assisted Survey Sampling, Springer-Verlag, ISBN 0-387-40620-4 Fritz Scheuren (2005). "What is a Margin of Error?", Chapter 10, in "What is a Survey?", American Statistical Association, Washington, D.C. Consultado 2008-01-08

Categoría:Estatística Categoría:Métrica