Os cerambícidos (Cerambycidae) son escaravellos que constitúen unha familia cosmopolita de coleópteros, caracterizados polas súas antenas extremadamente longas (parecen "cornos"), que a miúdo son tan longas ou máis que todo o corpo do animal. Porén, hai tamén varios membros da familia nos que as antenas son bastante curtas (por exemplo, Neandra brunnea) e esas especies son difíciles de distinguir dos escaravellos da familia dos crisomélidos. É unha familia grande, cunhas 26.000 especies descritas, algo máis da metade do hemisferio oriental. Varias especies son graves pragas agrícolas. As larvas, perforan a madeira, e causan grandes danos a árbores vivas e a madeira non tratada (ou, ocasionalmente, á madeira de edificios construídos; o Hylotrupes bajulus é un especial problema dentro das casas). Varias especies imitan formigas, abellas e avespas, aínda que a maioría das especies están coloreadas cripticamente. O raro escaravello titán (Titanus giganteus) do nordeste de Suramérica considérase a miúdo o maior insecto (aínda que non o máis pesado nin o máis longo se incluímos as patas), cunha lonxitude corporal máxima rexistrada de 16,7 cm.
O nome científico da familia procede do personaxe Cerambos da mitoloxía grega: despois dunha discusión coas ninfas, o pastor e cantor Cerambos foi transformado nun gran escaravello con cornos.
Clasificación
miniatura|upright|Amphirhoe decora Como ocorre en moitas familias extensas de seres vivos, tamén nos cerambícidos diferentes autores recoñeceron distintas subfamilias, ou separan subfamilias para convertelas en familias (por exemplo, Disteniidae, Oxypeltidae e Vesperidae); polo que hai certa inestabilidade e controversia sobre a clasificación interna dos Cerambycidae. Hai poucas características definitorias para o grupo no seu conxunto, polo menos para os adultos, xa que ocasionalmente hai especies ou grupos de especies que poden carecer dunha determinada característica presente nos demais; a familia e os seus parentes próximos, por tanto, constitúen un grupo taxonomicamente difícil e as relacións entre as diversas liñaxes aínda non se comprenden ben.Arnett, et al. (2002). American Beetles, Vol. 2. CRC Press, 861 pp. miniatura|Rhagium mordax miniatura|Anoplophora chinensis
Subfamilias As dez subfamilias son: Anoplodermatinae Guérin-Méneville, 1840 Apatophyseinae Lacordaire, 1869 Cerambycinae Latreille, 1802 Dorcasominae Lacordaire, 1869 Lamiinae Latreille, 1825 Lepturinae Latreille, 1802 Necydalinae Latreille, 1825 Parandrinae Blanchard, 1845 Prioninae Latreille, 1802 Spondylidinae Audinet-Serville, 1832
Galería
Notas
Véxase tamén Bibliografía Monné, Miguel A. & Hovore, Frank T. (2005) Electronic Checklist of the Cerambycidae of the Western Hemisphere. PDFCerambycids.com
Ligazóns externas
Gallery Foto de cerambícidos de todo o mundo Fotos de cerambícidos da rexión Paleártica occidental CDFA Cerambycidae do Novo Mundo Cerambycidae da Güiana Francesa Museo Nacional, Río de Xaneiro, Brasil Imaxes de holotipos Iberodorcadion Coleoptera, Cerambycidae, Dorcadion - RedIRIS VIDEOS - Lonxicornes (Dorcadion, Cerambycidae, Coleoptera) Cerambycidae de Borneo pdf BugGuide.net - (Cerambycidae) Anoplophora chinensis na páxina da Universidade da Florida / Institute of Food and Agricultural Sciences Coleoptera: Cerambycidae, Universidade de Florida, Dept. de Entomoloxía e Nematoloxía Escaravellos que perforan a madeira do mundo
Categoría:Cucujiformia