O pobo chopi é un grupo étnico do sur de Mozambique, principalmente nos distritos de Zavala e Inharrime, ambos na provincia de Inhambane. Este pobo viviu tradicionalmente da agricultura de subsistencia, porén moitos abandonaron a súa terra natal para mudarse ás cidades.
Descrición O pobo chopi ten lingua propia, un idioma pertencente á familia de linguas bantús, non obstante moitos falan en lingua guitonga e en portugués como linguas secundarias. Entre os pobos veciños atópanse os changana, un grupo do pobo tsonga que viven no suroeste, na provincia de Gaza, e que invadiron o territorio chopi no século XIX. Moitos emigraron a Suráfrica en busca de traballo. Historicamente, algúns chopi foron escravizados.
Os chopi son coñecidos internacionalmente polo instrumento musical mbila e a danza asociada, unha manifestación cultural considerada pola Unesco Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Os chopi identifícanse culturalmente, como pobo, co elefante.
Notas
Categoría:Grupos étnicos de Mozambique