Gonzalo Iglesias Sueiro, nado en Ourense en 1948, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia de represaliados de esquerdas que rexentaban unha escola privada na cidade de Ourense. Estudou Maxisterio e traballou como mestre en Aneja, Ourense, Santander, Trasmiras, no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, do que foi director, e no IES de Xinzo de Limia.
Militou no PCG até 1985, tendo sido concelleiro en Xinzo de Limia tralas eleccións de 1979. Despois incorporouse ao PSdeG-PSOE e foi o candidato á alcaldía de Xinzo nas eleccións municipais de 1991 e 1995, sendo o principal grupo da oposición. Dende ese último ano foi deputado provincial e viceportavoz do PSdeG. Nas eleccións municipais de 1999 foi elixido alcalde tras alcanzar un pacto de goberno co BNG e o concelleiro de Coalición Galega José Antonio Feijóo Alonso. En virtude de dito acordo rotouse na alcaldía co candidato de CG, ó cal lle cedeu a alcaldía en xuño de 2001. Foi coordinador do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense de outubro de 1998 a outubro de 2000. Nas municipais de 2003 o goberno non puido revalidar tras recuperalo PPdeG a maioría absoluta. Continuou como portavoz en Xinzo e deputado provincial ata 2005, cando foi nomeado delegado provincial de Educación en Ourense,Gonzalo Iglesias Sueiro: É inviable que os comedores escolares cheguen ó cen por cen da poboación onde se mantivo ata 2009.
Obras Reflexións, 2010.
Vida persoal É irmán de Carmen Iglesias Sueiro, quen fora deputada no Parlamento de Galicia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Xinzo de Limia
Ligazóns externas «La enseñanza debería promover el espíritu crítico del alumno y no lo hace». Entrevista en La Voz de Galicia, 7 de xullo de 2016.
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes de Xinzo de Limia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes