Aphanopus carbo é un peixe teleósteo da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos, familia dos triquiúridos, subfamilia dos afanopodinos,Aphanopus carbo Lowe, 1839 no WoRMS.Aphanopus carbo Lowe, 1839 no ITIS. unha das sete que integran o xénero Aphanopus.Aphanopus Lowe, 1839 no WoRMS.Aphanopus Lowe, 1839 no ITISDD.
Coñécese vulgarmente en galego como sabre negro.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 176.
Anatomía miniatura|250px|Cabeza. miniatura|250px|Debuxo en Oceanic Ichthyology (1896). As principais características morfolóxicas do sabre negro son:Aphanopus carbo Lowe, 1839 na FishBase.Muus, Bent, el al. (1998).Bauchot, M. L. et al. (1982). O seu corpo é moi alongado, e chega a medir ordinariamente case 110 cm (a lonxitude máxima rexistrada foi de 151 cm).Figueiredo, I.; P. Bordalo-Machado; S. Reis; D. Sena-Carvalho; T. Blasdale; A. Newton & L. S. Gordo (2003): "Observations on the reproductive cycle of the black scabbardfish (Aphanopus carbo Lowe, 1839) in the NE Atlantic. ICES J. Mar. Sci. 60: 774-779. O perfil superior da súa cabeza é regular, lixeiramente convexo. Presenta uns ollos grandes e, como depredador, a súa boca tamén é grande, e nas mandíbulas están armadas de longos e afiados dentes de tipo cairo. A colaración da súa pel, en vivo, é de cor cobreada ou violácea, irisada, e negra, no animal morto. A cavidade interior da boca e as galadas son negras. A columna vertebral está formada por de 97 a 100 vértebras. A aleta dorsal, estendida ao longo de todo o corpo, presenta dúas rexións separadas por unha paquena marca; a primeira ten de 34 a 41 raios espiñentos, e a segunda, de 52 a 56 raios brandos. A aleta anal presenta 2 raios espìñentos e de 43 a 48 raios brandos. Os adultos carecen de aletas pelvianas, e os inmaturos presentan só unha forte espiña situada detrás do ano. Carcen de aleta ventral. A aleta caudal, bifurcada, mostra unha pequena escotadura no centro. A liña lateral é recta, situada no centro do corpo, aínda que na rexión anterior presenta unha dirección cara a abaixo desde a abertura superior da galada até alcanzar a posición medio-lateral.
Hábitat e distribución Hábitat Aphanopus carbo é un peixe mariño, batipeláxico e oceanódromo,Delgado, J.; S. Reis; J. A. González; E. Isidro; M. Biscoito; M. Freitas & V. M. Tuset (2013): "Reproduction and growth of Aphanopus carbo and A. intermedius (Teleostei: Trichiuridae) in the northeastern Atlantic. J. Appl. Ichthyol. 29 :1008-1014. que habita a profundidades de entre os 200 e os 2 300 m,Pajuelo, J. G.; J. A. González; J. I. Santana; J. M. Lorenzo; A. Garcia-Mederos & V. Tuset (2008): "Biological parameters of the bathyal fish black scabbardfish (Aphanopus carbo Lowe, 1839) off the Canary Islands, Central-east Atlantic. Fish Res. 92: 140-147. usualmente entre os 700 e os 1 300 m, en augas cunha temperatura entre os 3,18 °C e os 17,07 °C,Aphanopus carbo na EOL. aínda que preferentemente en torno aos 10 °C,William W. L. Cheung; Reg Watson & Daniel Pauly (2013): "Signature of ocean warming in global fisheries catch", Nature, 497: 365–368. no océano Atlántico entre os 22° N e os 71° N, e os 83° W e os 45° E.Nakamura, I. & N. V. Parin (1993): "FAO Species Catalogue. Vol. 15. Snake mackerels and cutlassfishes of the world (families Gempylidae and Trichiuridae). An annotated and illustrated catalogue of the snake mackerels, snoeks, escolars, gemfishes, sackfishes, domine, oilfish, cutlassfishes, scabbardfishes, hairtails, and frostfishes known to date". FAO Fish. Synop. 125 (15): 136.
Os indivuduos xuvenís da especie son mesopeláxicos, e os adultos, batipeláxicos.
Distribución Pode encontrarse no Atlántico oriental desde o estreito de Dinamarca, Islandia e Noruega até as illas de Madeira, Canarias e a costa oeste do norte de África, na plataforma continental, a profundidades entre os 200 e os 1 600 m. Nalgunhas destas localidades é unha especie bastante común. Pero tamén se pode encontrar en moitas outras áreas do océano Atlántico e, máis raramente, nalgúns lugares dos océanos Pacífico e Índico.
Bioloxía Nutrición Para alimentarse, Aphanopus carbo tende a migrar pola noite cara a augas menos profundas (mesopeláxicas) para comer crustáceos, cefalópodos e peixes pequenos (principalmente das familias dos macrúridos, móridos e alepocefálidos).Parin, N. V. (1986): "Trichiuridae". p. 976-980. En P. J. P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen & E. Tortonese (eds.) Fishes of the north-eastern Atlantic and the Mediterranean. Vol. 2. Paris: UNESCO.
Reprodución Alcanzan a madurez sexual cando acadan uns 80 ou 85 cm de lonxitude. A desova prodúcese nos meses de inverno ao oeste das illas Británicas a 700–900 m de porofundidade. Pero datos de estudos recentes (2003) revelan que os individuos maduros emprenden migracións horizontais na época da desova até as costas de Madeira e as Canarias. Os ovos e as larvas son peláxicos.
Rexistráronse suspensións nas etapas de predesova nalgunhas zonas do nordeste do Atlántico causadas por atresia dos ovarios.
A diferenza da maioría dos peixes demersais e peláxicos comerciais, o sabre negro ten unha taxa de crecemento lenta nos adultos. Esta taxa é resultado do gasto de enerxía para o crecemento e a reprodución.
Lonxevidade Estudos recentes (2013) indican que a idade máxima do sabre negro en Madeira sería duns 14 anos e, no Portugal continental, duns 12 anos.Farias, Inés; Morales-Nin, Beatriz; Lorance, Pascal & Figueiredo, Ivone (2013): "Black scabbardfish, Aphanopus carbo, in the northeast Atlantic: distribution and hypothetical migratory cycle". Aquatic Living Resources. 26 (4): 333–342.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1839 polo botánico, ictiólogo e malacólogo inglés Richard Thomas Lowe. Non existen subespecies descritas.
Etimoloxía O epíteto específico, carbo, Lowe tomouno do substantivo latino carbo, carbōnis, "carbón", en alusión á cor escura, case negra, deste peixe.
Nota: para a etimoloxía do nome xenérico, ver Aphanopus.
Sinónimos Ademais do nome que lle impuxo Lowe, e que é o actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes: Aphanopus acus Maul, 1948 Aphanopus minor Collett, 1887 Aphanopus schmidti Saemundsson, 1908
Pesca e importancia comercial En Portugal, o principal país onde se captura o sabre negro, a súa pesca efectúase sobre todo en Madeira, onde é moi apreciado para a alimentación.Moralez-Nin, Beatriz & Sena-Carvalho, Dalila (1996): "Age and growth of the black scabbard fish (Aphanopus carbo) off Madeira". Fisheries Research. 25: 239–251. Péscase con palangres de fondo e mediante artes de arrastre de profundidade.Peixe espada preto na web de Greenpeace, Portugal. pero tamén se apaña noutras partes de Portugal, principalmente en Sesimbra (distrito de Setúbal) e no arquipélago dos Azores.
Segundo Noronha e Sarmento,Noronha, A. C. & Sarmento, A. A. (1948). practicábase a pesca intensiva de Aphanopus carbo en Madeira xa no século XIX, aínda que hai referencias anteriores á captura desta especie na illa. A súa importancia económica na economía de Madeira vén dada porque representa máis do 50 % das capturas desembarcadas na rexión.Reis et al. (2001).
Na década dos anos 1990 as capturas totais europeas anuais eran de entre as 5 000 e as 10 000 t, a maioría delas en Portugal.
Estado de conservación Greenpeace clasifica esta especie cun índice de vulnerabilidade de 49/1000, unha cantidade considerada entre moderada e alta. O nivel de resiliencia da especie cualifícase como baixo, e o tempo estimado para duplicar a súa poboación oscila entre os 4,5 e os 14 anos.
En 2016, a UICN cualifica o status da especie como LC (pouco preocupante].Aphanopus carbo na Lista vermella europea das eszpecies ameazadas (2016) da UICN.
Lista de nomes vernáculos en distintos países miniatura|500px|Exemplares de Aphanopus carbo nun mercado da illa da Madeira. Lingua Nome común Alemán Degenfisch Alemán schwarzer Degenfisch Castelán pez cinto Castelán sable negro Danés sort sabelfisk Francés sabre Francés sabre noir Galego sabre negro Inglés black scabbardfish Inglés cutlass fish Inglés hairtail Inglés scabbard fish Neerlandés zwarte degenvis Neerlandés zwarte-kousenbandvis Noruegués dolkfisk Português peixe-espada-preta Português peixe-espada-preto Sueco dolkfisk
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bauchot, M. L. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0685-6, pp. 382–383. Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Crespo, J.; J. Gajate & R. Ponce, (2001): «Clasificación científica e identificación de nombres vernáculos existentes en la base de datos de seguimiento informático de recursos naturales oceánicos». Instituto Español de Oceanografía, Madrid. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-1161-2, p. 234. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Noronha, A. C. & Sarmento, A. A. (1948): Vertebrados da Madeira - 2º Volume: Peixes. 2ª Edição. Junta Geral do Distrito Autónomo do Funchal. Madeira. Portugal. Reis, S.; Sena-Carvalho, D.; Delgado, J. H. & Afonso-Dias, M. (2001): "Historical overview of the black scabbardfish (Aphanopus carbo Lowe, 1839) fishery in Madeira Island". En: Scientific Council Meeting, Deep-sea Fisheries Symposium, setembro de 2001. Serial No. N4491, NAFO SCR Doc. 01/103, Northwest Atlantic Fisheries Organization. Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.
Outros artigos Triquiúridos Afanopodinos Aphanopus
Ligazóns externas Aphanopus carbo Lowe, 1839 no WoRMS. Aphanopus carbo Lowe, 1839 no ITIS. Aphanopus carbo na ADW. Aphanopus carbo na EOL . Aphanopus carbo Lowe, 1839 na FishBase . Peixe espada preto na web de Greenpeace, Portugal . Black scabbard fish (Aphanopus carbo) en Marine Species. Identification Portal
Categoría:Perciformes Categoría:Animais descritos en 1839 Categoría:Produtos da pesca