O Club Patín Cibeles, fundado e 1953 e disolto en 1987, foi un equipo español de hockey sobre patíns, da cidade de Oviedo.
Foi o primeiro equipo de fóra de Cataluña en gañar a Copa do Rei, en 1980, tras derrotar 4-0 ao FC Barcelona na final disputada en Salamanca. Ao ano seguinte, en 1981, o Cibeles proclamouse subcampión da Recopa de Europa.
Historia En 1974 ascendeu por vez primeira á máxima categoría de hockey sobre patíns de España, entón denominada División de Honra, ao clasificarse en segundo lugar da Primeira División. As súas clasificacións na máxima categoría foron as seguintes: Ano Posto 1975 9 1976 11 1977 6 1978 10 1979 6 1980 9 1981 7 1982 3 1983 7 1984 9 1985 4 1986 10 1987 6 En 1987 o Cibeles clasificouse sexto na liga de División de Honra, e xogou o seu último partido no Palacio dos deportes de Oviedo derrotando ao Noia por 11 goles a 0. O último gol do Cibeles marcouno Lolo Paredes. O día 3 de xuño desaparece o C.P. Cibeles.
Uniforme O uniforme titular do equipo estaba comprendido por unha camiseta vermella, un pantalón azul e unhas medias vermellas.
Palmarés 1980: Campión Copa do Rei 1981: Subcampión Recopa de Europa, Subcampión Copa do Rei. Ademais, o Cibeles participou dúas veces na Recopa de Europa e tres na Copa da CERS.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Club Patín Cibeles en HoqueiPatins.cat Historia do Club Patín Cibeles
Categoría:Equipos de hóckey a patíns de España Categoría:Deporte en Oviedo