O atentado de Berlín do 19 de decembro de 2016 foi un atropelo masivo ocorrido en plena Breitscheidplatz durante un mercado de Nadal en Berlín, a capital alemá. A organización terrorista Estado Islámico reivindicou a autoría do atentado a través de Amaq News Agencyhttp://www.faz.net/1.4585337. Un camión con remolque embestiu unha serie de postos ó longo de media rúa. Rexistráronse até o momento quince mortos e polo menos 50 feridos. Un sospeitoso de conducir o camión foi detido, mentres que o copiloto morreu durante o impacto do vehículo.
A policía afirma que existe a posibilidade de que un camión o cal aparcou nunha beirarrúa puido ser conducido co propósito de atentar contra a vida de civís.
Vehículo O vehículo implicado foi un camión articulado Scania de cor negra. O camión tiña as placas de matrícula de Polonia, e era propiedade da empresa de repartimento polonesa, Usługi Transportowe Ariel Żurawski, con sede en Gdańsk.
O propietario do camión entrevistado pola televisión polonesa dixo que o condutor titular era o seu curmán, non un fanático ou un tolo. A compañía contactou co condutor entre as 15:00 e as 16:00, cando o condutor informou que chegara demasiado tarde ó destino de Berlín, e que pasaría alí a noite para descargar o camión á mañá seguinte.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Atentados de París de novembro de 2015 Atentado de Niza de 2016
Categoría:Atentados terroristas Categoría:Berlín Categoría:2016