Green Bay é unha cidade que se atopa no estado de Wisconsin, Estados Unidos. No censo de 2010 tiña unha poboación de 104.057 habitantes, o que supón unha densidade de 718,06 persoas por km². É famosa por ser a sede dos Green Bay Packers, equipo da liga de fútbol americano NFL. Green Bay é, de lonxe, a cidade máis pequena dos Estados Unidos en contar cun equipo profesional dentro das tres grandes ligas despotivas estadounidenses: a NFL, a MLB e a NBA. A pesar disto, os Packers posúen 13 títulos de liga, gañando para a cidade o alcume de "Titletown" (cidade de títulos deportivos). Green Bay é ademais a sede do condado de Brown.

Véxase tamén Outros artigos Green Bay Packers

Categoría:Cidades de Wisconsin