Marin Mersenne, nado en Oizé (Países do Loira) o 8 de setembro de 1588 e finado en París o 1 de setembro de 1648, foi un sacerdote, matemático e filósofo francés, coñecido tamén pola forma latinizada Marinus Mersenius e mesmo como Le Père Mersenne. Estudou diversos campos da teoloxía, das matemáticas e da teoría musical.Martin Mersenne. Departamento de Álxebra da Universidade de Granada.
Traxectoria Naceu nunha familia de labregos no departamento francés de Maine e LoiraHauréau, Barthélemy. Historire littéraire du Loire. 1822. Páxina 321., foi educado en Le Mans e na universidade xesuíta de La Flèche, onde coñeceu a René Descartes e cultivou a súa amizade con el. Malia afirmarse en ocasións que foi xesuíta, o certo é que nunca chegou a ingresar na Compañía de Xesús. O 17 de xullo de 1611 fíxose membro da Orde dos Mínimos e dedicouse ao estudo da teoloxía e do hebreo. Despois deste período recibiu a orde sacerdotal en París en 1613.Marin Mersenne. En Biografías y vidas. La enciclopedia biográfica en línea. Editorial Biografías y Vidas.
Logo da súa consagración estivo un tempo ensinando filosofía e teoloxía en Nevers, pero en 1620 regresou a París, onde entrou no convento de L'Annonciade e, en compañía de personaxes como Descartes, Étienne Pascal, Gilles de Roberval e Nicholas-Claude Fabri de Peiresc, estudou matemáticas e música. Tivo unha nutrida correspondencia con diversos eruditos de Francia, Italia, Inglaterra e os Países Baixos, tales como Pierre de Fermat, Galileo Galilei, Giovanni Doni e Christiaan Huygens. Desde 1620 ata 1623 dedicouse exclusivamente a escribir sobre filosofía e teoloxía e a facer as súas primeiras publicacións, nas que refuta as ideas de Giordano Bruno.
Entre as súas viaxes cómpre salientar as que realizou a Italia en tres ocasións, en 1640, 1641 e 1645.
Morreu en París en 1648 a piques de facer os 70 anos, logo dunha serie de complicacións derivadas dunha intervención cirúrxica. No seu testamento vital, pediu que o seu corpo fose sometido a autopsia como derradeiro servizo ao interese da ciencia.
Achegas ao coñecemento Hoxe lémbrase a Mersenne principalmente grazas aos números que levan o seu nome: os números primos de Mersenne. Mersenne introduciunos no seu Cogitata physico-mathematica de 1641, onde conxecturou acerca dalgunhas propiedades sobre eles, algunhas das cales só se puideron comprobar ou refutar xa no século XX.Mersenne Primes: History, Theorems and Lists. En The Prime Pages. University of Tennessee at Martin.
Tamén traduciu e comentou as obras de Euclides, Arquímedes e outros matemáticos gregos.
A súa contribución máis sobranceira ao avance do coñecemento realizouna a través dunha extensa correspondencia (en latín) con matemáticos e outros científicos de diversos países. Nun tempo no que as revistas científicas aínda non apareceran, Mersenne foi o máis parecido ao centro dunha rede de intercambio de información científica.
Con todo, Marin Mersenne non foi principalmente matemáticoAndré Warusfel, "Deux textes mathématiques ", En Les Études philosophiques.Número 12. Xaneiro de 1994. Páxinas 41 a 51.. En realidade empezou escribindo sobre teoloxía e filosofía, pero tamén foi un gran tratadista sobre teoría musical e sobre outros temas diversos.
As súas obras filosóficas caracterízanse por unha grande erudición e pola ortodoxia teolóxica máis estrita. O seu maior servizo á filosofía foi o seu entusiasta defensa de Descartes, de quen foi conselleiro e amigo en París e a quen visitou no seu exilio nos Países Baixos.René Descartes. Tres cartas a Marin Mersenne (primavera de 1630). Ediciones Encuentro. Madrid, 2011.
Máis tarde, deixou o pensamento especulativo e dedicouse á investigación científica, especialmente en temas como as matemáticas, a física e a astronomía. Entre as obras relacionadas con este período a máis coñecida é a tradución de L'Harmonie universelle (1636), na que se trata a teoría musical e os instrumentos musicais."Machabey, A. Mersenne. Harmonie universelle, contenant la théorie et la pratique de la musique". En Revue d'histoire des sciences et de leurs applications. Volume 17. Número 2. 1964. Páxinas 162 a 174. Unha das súas maiores contribucións a este campo foi a suxestión acerca de cal era a razón principal dun semitón. A descrición de Mersenne da determinación da primeira frecuencia absoluta dun ton audible (84 Hz) implica que, para entón, xa demostrara que a razón da frecuencia absoluta de dúas cordas vibrantes, que dan un ton musical e a súa oitava, é 1:2, e que a harmonía percibida (consonancia) de tales notas podía explicarse se a razón das frecuencias da oscilación do aire tamén era 1:2, o que ofrecía consistencia á hipótese da equivalencia entre as frecuencias da fonte e o movemento do aire.
Obras miniatura|Cogitata physico-mathematica, 1644 miniatura|Harmonie universelle, 1636
Quaestiones celeberrimae in Genesim (1623) Observationes et emendationes ad Francisci Georgii Veneti Problemata: in hoc opere cabala evertitur, editio vulgata (1623) L'usage de la raison (1623) L'impiété des déistes, athées et libertins de ce temps (1624) L'a vérité des sciences contre les sceptiques ou pyrrhoniens: dédié à Monsieur, frère du roy par F. Marin Mersenne de l'ordre des Minimes (1625) Synopsis mathematica (1626) Traité de l'harmonie universelle (1627) Questions morales, théologiques et mathématiques (1634) Les mécaniques de Galilée (1634) Traité de l'orgue (1635) Harmonie universelle (1636-37; 1ª parte e 2ª parte) Les nouvelles pensées de Galilée (1839; tradución e comentarios dos Discours concernant deux sciences nouvelles de Galileo de 1638) Universae geometriae mixtaeque mathematicae synopsis (1644) Cogitata physico mathematica (1644) Novarum observationum physico-mathématicarum (1647) L'optique et la catoptique (1651)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Correspondance du P. Marin Mersenne, religieux minime: publiée et annotée par Cornelis de Waard; avec la collaboration de Armand Beaulieu. Centre National de la Recherche Scientifique. París, 1932-1988. 18 volumes.Armand Beaulieu, Le groupe de "Mersenne" en M. Bucciantini, M. Torrini (eds.), Geometria e atomismo nella scuola galileiana. Florencia, 1992. Páxinas 17 a 34. Beaulieu, Armand. Mersenne, le Grand Minime. Fondation Nicolas-Claude Fabri de Peiresc. 1995. Dear, Peter Robert. Mersenne and the Learning of the Schools. Ithaca, Cornell University Press, 1988. Maury, Jean-Pierre. À l'origine de la recherche scientifique: Marsenne. Vuibert, 2003. ISBN 978-2-7117-5291-7 Moreau, Roger. Naissance de l'esprit scientifique: hommage à Marin Mersenne, 1585-1648, París. Anagrammes, Perros Guirec, 2012. ISBN 978-2847190892 Gehring, F. "Mersennus, Marin (lle Père Mersenne)". En Grove's Dictionary of Music and Musicians (ed. J.A. Fuller Maitland). 1922. Gómez, Carlos. "Marin Mersenne versus Giordano Bruno: la crítica mersianna al concepto de anima mundi y la condena de la magia". Deimon, Revista de Filosofía, nº 14. 1997. Páxinas 93 e seguintes.
Categoría:Finados en 1648 Categoría:Nados en 1588 Categoría:Nados no departamento de Sarthe Categoría:Matemáticos de Francia Categoría:Filósofos de Francia Categoría:Sacerdotes católicos de Francia Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Sacerdotes católicos do século XVII Categoría:Relixiosos católicos de Francia Categoría:Mínimos Categoría:Teólogos católicos