Manuel Prego de Oliver, nado en Ourense o 1 de abril de 1915 e finado na mesma cidade o 28 de abril de 1986,Rozas, M. (2011), p. 95 foi un mestre e pintor galego próximo ó expresionismo.Castro, X. A. (2011), p. 19

Traxectoria Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense, igual ca o seu irmán Adolfo Prego. Exerceu a docencia durante uns anos, mais trala guerra civil española foi depurado e apartado.Rozas, M. (2011), p. 7

Cambiou o maxisterio pola súa outra vocación, a pintura, converténdose no seu medio de vida, pasou algunhas dificultades económicas que foi resolvendo mediante encargos de compromiso que lle proporcionaron recursos e lle permitiron seguir avanzando nos estudos artísticos. Expuxo con éxito en Madrid no ano 1941, iniciando a súa faceta de investigador plástico e de afervoamento creativo. Fixo ilustracións para o xornal ABC ou para a revista Blanco y Negro. Ilustrou libros, como Merlín e familia ou As crónicas do sochantre de Álvaro Cunqueiro. Asistiu decote ós faladoiros ourensáns e retratou moitos dos asiduos, acudiu xunto a outros persoeiros como Castelao, Vicente Risco, Ferro Couselo, Cuevillas, Arturo Baltar, García-Sabell, Torrente Ballester ou Paz Andrade. Tras unha primeira etapa indagatoria, que coincide co fin da guerra civil, comeza un período caracterizado polas cores terrosas, tendendo ó monocromático e un granulado forte. Esta etapa remata na década de 1980 cando se aprecia na súa obra un xiro de depuración, finura e harmonía.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

20px 20px

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Represaliados polo franquismo