Constantino Grandío López, coñecido como Tino Grandío, nado en Lousada (Guntín) o 31 de decembro de 1924 e finado en Lugo o 23 de abril de 1977,La Voz de Galicia, 26-4-1977, p. 63. foi un pintor galego.
Traxectoria
dereita|miniatura|Casa natal en Lousada (Guntín). dereita|miniatura|Mural de Diego AS no CPI Tino Grandío.
Estudou o bacharelato en Lugo e despois trasladouse a Santiago de Compostela. Abandonou os estudos para dedicarse á pintura. En 1949 marchou a Madrid onde recibiu a axuda do escultor Cristino Mallo e do pintor Díaz Caneja. En 1955 foi seleccionado para a Bienal Hispanoamericana de Arte en Barcelona. Realizou exposicións individuais en Madrid, Barcelona, Lisboa, París, Nova York, Múnic e Alexandría e colectivas en América do Sur e algunhas cidades europeas.
Tino Grandio foi o autor da portada do LP Galicia, miña nai dos dous mares (1976), álbum de Juan Pardo en galego, no que se musican poemas de Ramón Cabanillas, Eduardo Pondal e Antonio D. Olano.
Premios Stanley Kramer, 1956. Cance, 1960. Gran Premio da Dirección Xeral de Belas Artes, 1963. Primeiro premio na Exposición Antolóxica do Círculo das Artes de Lugo, 1964. 1ª medalla na Exposición Nacional de 1966. Premio Unicef, 1968. Gran premio internacional de pintura na Bienal de Marbella, 1971. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en galegos.info
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Guntín Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1977