miniatura|Vista lateral do tórax dun díptero. miniatura|Vista dorsal do tórax dun díptero. O tórax (do grego antigo "θώραξ" thórax, "coiraza")θώραξ, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus Digital Library. dos artrópodos é o tagma ou rexión do corpo situado entre o céfalon (cabeza) e o abdome.

O termo aplícase a crustáceos e insectos, a pesar de que non son tagmas homólogos. Con frecuencia, a cabeza e o tórax fusiónanse parcial ou totalmente para formaren o cefalotórax, como ocorre en moitos crustáceos e quelicerados; nestes últimos, o termo apropiado para designalo é prosoma.

Os miriápodos teñen o corpo dividido en cabeza e tronco, de modo que non teñen tórax diferenciado.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Borror, D. J.; DeLong, D. M. e Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York e Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-03-088406-3. Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruña: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.

Outros artigos Tagma

Categoría:Artrópodos Categoría:Anatomía animal Categoría:Termos zoolóxicos