William Thomas Calman, nado e Dundee o 29 de decembro de 1871 e finado en Coulsdon, Surrey, o 29 de setembro de 1952, foi un zoólogo escocés, especialista en carcinoloxía.
Traxectoria En 1909 escribiu a sección de crustáceos no Treatise on Zoology de Lankester, onde introduciu as superordes dos Eucarida, Peracarida e Hoplocarida, así como o concepto da facies caridoide, dun hipotético antepasado dos malacostráceos. Escribiu varias das entradas sobre crustáceos para a undécima edición da Encyclopædia Britannica. Tamén estableceu a actual división dos Branchiopoda nas catro ordes dos Anostraca, Notostraca, Conchostraca e Cladocera. En 1921 foi elixido Fellow da Royal Society.
Desde 1927 a 1936 foi conservador encargado da sección de zooloxía do Museo Británico (Historia natural), hoxe Museo de Historia Natural de Londres.
Desde 1871 até a súa morte, en 1952 foi, o presidente da Sociedade Linneana de Londres, e foi galardoado cola Medalla linneana en 1946.
En 1937 foi nomeado doutor honoris causa pola universidade de St Andrews.
Calman faleceu en Coulsdon, en Surrey, o 29 de setembro de 1952.
Principais publicacións The Life of Crustacae (1911) The Classification of Animals (1949)
Taxons (superiores a xénero) descritos por Calman Anaspidacea Calman, 1904 Bresiliidae Calman, 1896 Bresilioidea Calman, 1896 Ceratocumatidae Calman, 1905 Eucarida Calman, 1904 Hoplocarida Calman, 1904 Peracarida Calman, 1904
Abreviatura A abreviatura Colman emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e sistemática en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Frederick R. Schram (1993): "The British School, Calman, Cannon and Manton and their effect in Carcinology in the English speaking World), en: Frank Truesdale (Herausgeber): History of Carcinology. Rotterdam, Netherlands: A. A. Balkema Publishers. ISBN 978-90-5410-137-6, pp. 321–348. Anita McConnell (2004): Oxford Dictionary of National Biography.
Ligazóns externas Obras de William T. Calman en Internet Archive.
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Nados en 1871 Categoría:Nados en Dundee Categoría:Finados en 1952 Categoría:Malacólogos do Reino Unido Categoría:Medalla linneana