Jerome John "Jerry" Garcia, nado en San Francisco o 1 de agosto de 1942, e finado en Forest Knolls, no condado californiano de Marin o 9 de agosto de 1995, foi un cantante compositor e guitarrista estadounidense, máis coñecido polo seu traballo coa banda Grateful Dead, co cal acadou a fama durante era da contracultura era na década de 1960.Ruhlmann, Willam. "Garcia, Jerome John". Aínda que el renegaba esa función, Garcia foi visto por moitos como o dirixente ou "voceiro" do grupo."The Grateful Dead" . Compiled by Stratton, Jerry (1995). Traxectoria

Un dos seus fundadores, Garcia actuou co Grateful Dead durante toda a súa carreira de trinta anos (1965–1995). Garcia tamén fundou e participou nunha variedade de proxectos paralelos, incluíndo a Saunders–Garcia Band (co seu amigo Merl Saunders), a Jerry Garcia Band, Old and in the Way, o dúo acústico Garcia/Grisman, Legion of Mary, e os New Riders of the Purple Sage (o cal Garcia co-fundou con John Dawson e David Nelson). Tamén lanzou varios álbums en solitario, e contribuíu nun gran número de álbums doutros artistas como músico de sesión. Era ben coñecido polo seu distintivo xeito de tocar a guitarra e foi clasificado no posto 46.º entre os 100 mellores guitarristas da historia."The 100 Greatest Guitarists of All Time". Vida persoal

Os devanceiros de Jerry Garcia por parte do seu pai eran galegos, pois este era natural de Sada, e por parte da súa nai eran irlandeses e suecos.

Notas

Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia sueca Categoría:Finados por diabetes