Gonzalo Nárdiz Bengoechea, nado en Bermeo o 25 de novembro de 1905, e finado en Bilbao no 2003, foi un político vasco, de ideoloxía nacionalista vasca que chegou a ser Conselleiro de Agricultura no Goberno de Euskadi durante a Segunda República.

Traxectoria Militante de Acción Nacionalista Vasca dende a súa fundación, foi concelleiro de Bermeo e Conselleiro de Agricultura do primeiro goberno autonómico vasco constituído o 7 de outubro de 1936. Durante a Guerra Civil foi Comisario de Abastos e Armamento. Exiliouse en Francia, aínda que pasou un tempo en México. Até 1979, cando se forma o Goberno Vasco despois da transición política posterior ao franquismo, mantivo o seu posto de conselleiro no exilio (como conselleiro de Agricultura até 1952, sen carteira desde entón).

En recordo á súa traxectoria á fronte da Consellería, establecéronse polo Goberno Vasco os Premios Gonzalo Nárdiz de etoloxía.

Véxase tamén

Ligazóns externas Recensión biográfica, no Boletín do Goberno Vasco. Premios "Gonzalo Nardiz Bengoetxea" ás traxectorias profesionais nos sectores agrario e pesqueiro.

Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Políticos de Acción Nacionalista Vasca Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Conselleiros do Goberno Vasco Categoría:Nados en Bermeo