Guillerme III de Sicilia, nado probabelmente contra 1186, e finado en 1198 en Schloß Hohenems, Alemaña,Tancred King of Sicily. foi rei de Sicilia durante un breve período, do 20 de febreiro ao 25 de decembro de 1194, baixo a rexencia da súa nai.
Foi o último descendente da casa dos Hauteville que reinou no Reino de Sicilia antes da chegada da casa dos Hohenstaufen.
Traxectoria Vida e reinado Guillerme foi o segundo fillo e sucesor do rei Tancredo e da súa esposa Sibila de Acerra.
Subiu ao trono o 20 de febreiro de 1194 tras a morte de seu pai. Desde setembro do ano anterior era correi tras a súbita morte do seu irmán máis vello Roxerio III), porque seu pai, pouco antes de falecer, coroárao simbolicamente para asegurar a continuidade dinástica e contrarrestar as pretensións xermánicas dos Hohenstaufen, que reclamban o trono dos normandos desde a morte sen descendencia do rei Guillerme II.Guglielmo III d'Altavilla, re di Sicilia. Debido á súa curta idade, quedou baixo a rexencia da súa nai (como sucedera co seu irmán Roxerio).
A historiografía considera porén pouco probábel que Tancredo puidera asistir a esta coroación, iniciativa que seguramente fora obra de Sibila que, como rexente na que recaera a carga de organizar a resistencia na illa contra as tropas de Henrique VI Hohenstaufen, que viña reclamando o Reino desde varios anos antes baseándose nos dereitos da súa esposa, Costanza I de Sicilia, filla póstuma do rei Roxerio II de Sicilia, e pretendente lexítima desde 1189.
O grupo de fieis familiares nos que podía confiar Sibila era moi reducido, incluíndo agora só aos fillos do defunto Mateo d'Ajello, o conde Ricardo d'Ajello e Nicolao, arcebispo de Salerno, así como o arcebispo de Palermo, Bertomeu, que non dubidaron, porén, en pasarse rapidamente ao partido do emperador Henrique.
Derrocamento e morte
En maio de 1194, Henrique VI volveu a Italia, onde acaba de morrer Tancredo. O exército Imperial encontrou pouca resistencia e Henrique foi coroado como rei de Sicilia o 25 de decembro. O mozo Guillerme foi capturado e obrigado a ceder a súa coroa. Foi torturado antes de que lle sacaran os ollos de ser castrado. Despois foi enviado ao exilio a Alemaña (talvez a Alsacia ou ao hoxe cantón dos Grisóns), onde morreu en condicións escuras, probabelmente pouco despois.
Henrique Hohenstaufen emprendeu nese mesmo día un masacre sanguento dos baróns normandos. Os nobres e os bispos que asistiran á coroación do seu rival Tancredo foron queimados vivos nun campo cerca de Palermo, a cincocentos metros do palacio real. Henrique fixo logo desenterrar os restos de Tancredo e do seu fillo Roxerio, aos que lles arricou as súas coroas de ouro antes de mandar decapitar os seus cadáveres. O único fillo do seu matrimonio con Costanza, o futuro Frederico II, naceu ao día seguinte en Iesi, cerca de Ancona.
Segundo algunhas fontes, Guillerme III morreu en torno ao ano 1198, prisioneiro en Schloß Hohenems (Alemaña).
Antepasados miniatura|250px|O emperador Henrique VI castrando e cegando ao rei Guillerme III.Ilustración dunha edición de De casibus Virorum illustrium de Giovanni Boccaccio.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aubé, Pierre (2001): Roger II de Sicilie. París: Payot & Rivages. ISBN 2-2288-9414-1. Bogdan, Henry (2003): Histoire de l'Allemagne de la Germanie à nos jours. París: Perrin. ISBN 2-262-02106-6. Norwich, John Julius (1970): The Kingdom in the Sun (1130-1194). Londres: Longmans. ISBN 978-0-5711-0903-6.
Outros artigos Reino de Sicilia Lista de soberanos de Sicilia e Nápoles Roxerio II de Sicilia Tancredo de Sicilia Guillerme II de Sicilia Costanza I de Sicilia Henrique VI Casa de Hauteville Normandos
Ligazóns externas Francesco Panarelli, Guglielmo III d'Altavilla, re di Sicilia, en Dizionario Biografico Treccani . Consultada o 9 de novembro de 2016. Guillaume (1186-1198), son of Tancred di Lecce, en Projects/MedLands . Consultada o 9 de novembro de 2016.
Categoría:Reis de Sicilia Categoría:Historia de Sicilia Categoría:Século XII Categoría:Casa de Hauteville Categoría:Normandos Categoría:Finados en 1198