Juan José Barcia Goyanes, nado en Santiago de Compostela o 26 de decembro de 1901 e finado en Valencia o 13 de xullo de 2003, foi un médico e escritor galego.SANCHEZ SALORIO, M.. Demetrio Pita en la memoria y en el corazón (en español). Arch Soc Esp Oftalmol [online]. 2006, vol.81, n.2 [citado 2010-01-16], pp. 61-62. ISSN 0365-6691].

Traxectoria Fillo de Juan Barcia Eleicegui (1877-1946) e neto de Juan Barcia Caballero (1852-1926). Estudou o Bacharelato en Compostela e licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1922, recibindo o «premio Rodríguez Abaytúa» da Real Academia de Medicina ao mellor expediente do país. En 1925 leu a súa tese de doutoramento titulada Variedades atávicas y las detenciones en el desarrollo, estudiadas en el maxilar superior de los locos. Acompañou en varias ocasións ao seu pai, médico militar no norte de África, onde iniciou o seu interese pola cultura árabe. Obtivo por oposición a praza de profesor auxiliar temporal de Anatomía sendo alumno e colaborador do profesor Rodríguez Cadalso. Foi médico do sanatorio de Ángel Baltar Cortés, que o iniciou na Cirurxía. En 1926 obtivo a cátedra de Anatomía da Universidade de Salamanca. En 1929 trasladouse a Valencia para ocupar a cátedra de Anatomía. Nese ano obtivo a praza de Xefe de Servizo de Enfermidades Nerviosas do hospital de Valencia. En 1930 transformou o servizo de Enfermidades Nerviosas en Servizo de Neuropsiqiatría e Neurocirurxía e o 22 de novembro de 1931 realizou a primeira operación neuroquirúrxica en España.

O inicio da guerra civil española sorprendeuno en Santander, nun curso da Universidade de Verán. O 29 de outubro de 1938 foi nomeado presidente da Comisión Xestora da Deputación da Coruña. Ao rematar a guerra volveu a Valencia e continuou a súa actividade. Ao crearse o Consello Superior de Investigacións Científicas foi nomeado xefe da Sección de Neuroloxía do Instituto Cajal.

Fundou a Revista Medicina Española,Giner R. "Profesor Barcia Goyanes: In memoriam" (en español). Neurocirugía, 2003, 14:342-343. Último acceso 16 de xaneiro de 2010. e a Revista Española de Neurooftalmología y Neurocirugía. Tamén foi un dos fundadores da Sociedad Luso-Española de Neurocirugía.

Foi presidente da Sociedad Española de Neurología e da Sociedad Española de Anatomía e membro de honra de varias sociedades europeas e americanas.

Foi decano da Facultade de Medicina de Valencia (1945-1964), logrou a creación da nova Facultade de Medicina, inaugurou o novo hospital Clínico, rescatou a biblioteca histórica e, coa colaboración do profesor López Piñero, creou a nova biblioteca e Hemeroteca. Foi reitor da Universidade de Valencia (1965-1971).

Organizou Congresos e Reunións, como o controvertido Primeiro Congreso de Historia do País Valenciano.

Vida persoal En 1927 casou con María de la Encina Salorio Suárez, irmá do que sería alcalde da Coruña Demetrio Salorio Suárez e tía do oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio. O matrimonio tivo catro fillos: María de la Encina, nai do bailarín Nacho Duato,Nacho Duato se siente coruñés Juan Luis, Demetrio e María de los Ángeles.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Presidentes da deputación da Coruña

Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 2003