Jorge Romero Montes, tamén coñecido como Jorge Santana, nado o 9 de xaneiro de 1990 nas Palmas de Gran Canaria, é un xogador profesional español de baloncesto. Actualmente xoga para o Club Baloncesto Breogán de Lugo, no que xoga na posición de ala cunha altura de 1,92 metros.

Traxectoria Nado nas Palmas de Gran Canaria, Romero formouse como xogador desde moi novo no Club Heidelberg, nos Salesianos das Palmas e no Joventut de Badalona en categoría infantil. Co club catalán gaña o Campionato de Europa cadete, estando entre os seus compañeiros Ricky Rubio. Posteriormente chega ás categorías inferiores do Gran Canaria, onde permanece até acaba a súa etapa júnior. Durante a súa mocidade é internacional coas categorías inferiores da selección española. No ano 2008 asina polo Real Madrid, onde compatibiliza os adestramentos co primeiro equipo coa participación no filial de LEB. O 5 de abrilde 2009 debuta en ACB co equipo madrileño nun partido ante o CAI Zaragoza, o cal tamén debutara Nikola Mirotic. Tras acabar a súa etapa en Madrid convértese nun habitual da LEB Ouro, onde xoga no Tarragona, Peñas Huesca, Basket Navarra, Palma Air Europa e Breogán.

Clubs 20px|border|LEB Real Madrid (EBA/LEB Prata/ACB, 2008−2010) 20px|border|LEB Tarragona (LEB, 2010−2012) 20px|border|LEB Peñas Huesca (LEB, 2012−2014) 20px|border|LEB Basket Navarra (LEB, 2014−2015) 20px|border|LEB Palma Air Europa (LEB, 2015−2016) 20px|border|LEB Breogán (LEB, desde 2016)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en feb.es Blog de Jorge Romero

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán