miniatura|dereita|Los precursores.
A Biblioteca Gallega, foi unha editorial galega, fundada na Coruña en 1885 por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre. (2000). Os rudimentos da lingüística galega p. 66. USC.
Descrición miniatura|dereita|Aires d'a miña terra. Martínez Salazar ocupouse da dirección e administración e Fernández Latorre da impresión, nos talleres de La Voz de Galicia. Os exemplares vendíanse a dúas pesetas para os subscritores e a tres o número solto.
A Biblioteca Gallega difundiu cincuenta e dous volumes, en galego e castelán.
Localización ideolóxica
A Biblioteca Gallega estivo influída pola corrente ideolóxica do seu principal fundador: Martínez Salazar. O movemento político ao que era afín, e ao que pertencen os autores que publicaron na súa editorial, foi o rexionalismo.
No ano 1871, ao comezar a vivir na Coruña, Martínez Salazar, a pesar de non ser galego, “formouse como tal” debido á súa amizade co autor Manuel Murguía, home de Rosalía de Castro. Murguía foi o principal modelo que lle serviu de referencia para construír as bases da súa ideoloxía.
Por outra banda, o federalismo que anos atrás enunciaba foi en aumento debido ao contacto que tivo con Murguía, Alfredo Brañas e Salvador Cabeza de León, cos que iniciou o movemento rexionalista, e favoreceuno coa súa participación nas primeiras asociacións e cos impresos que producía.
Murguía, xa na introdución ao seu libro Los precursores, acusa aos galegos non nacionalistas de traidores:
“Pero si creéis que os hemos engañado, que hemos tomado por realidad los sueños de nuestra alma, y que cuanto pasó, pasó inútilmente, que nada os dejamos, ni nada tenéis que hacer en todo esto, entonces cerrad mi libro; no se escribió para vosotros. Somos ciudadanos de una patria distinta, servimos otros altares, no queremos por hijos a los que desertan de las banderas a cuya sombra combatieron sus padres.”Salas Díaz, Miguel: "La obligación de ser gallego: El mito del carácter nacional en la literatura galleguista de los siglos XIX y XX" .
Tamén Brañas, ao inicio do Rexionalismo, presenta a división dos galegos: "Porque es necesario mostrar a los buenos y malos gallegos cual es el camino derecho que deben de seguir para llegar en breve plazo a la conquista de su regeneración política y moral!”.
Biblioteca Gallega
Previamente á “Biblioteca Gallega” tivo a súa primeira acción no campo da edición como promotor da cultura galega a través desta actividade. Iniciou a editorial “Andrés Martínez” publicando obras como: Foguetes, de Pérez Ballesteros. Ferruxe, de Aurelio Ribalta. Contiños, de Benito Losada. Proezas de Galicia, de José Fernández y Neyra. Poesías, de Alberto Camino. Porén, aínda que Galiza tiña unha escasa produción editorial, Martínez Salazar continuou co seu proxecto e comunicou a un político liberal (da obediencia de Eugenio Montero Ríos) a súa intención de publicar unha “Biblioteca Gallega”. miniatura|Queixumes dos pinos. A “Biblioteca Gallega” publicou cincuenta e dúas obras en castelán e en galego a partir de 1885. A súa finalidade era editar vellos textos esquecidos ou perdidos, á par que se daría a coñecer a produción máis recente dos escritores vivos dese momento.
Los Precursores de Murguía foi o primeiro volume, en 1885, mais, pese ao interese histórico e literario do tema, apenas se vendeu. Ao ano seguinte (1886), saíu Aires da miña terra, de Manuel Curros Enríquez, esta vez obtivo un maior número de vendas.
Neste mesmo ano viron a luz cinco volumes, un grande esforzo editorial neste momento debido á atonía cultural do país e á escaseza de medios. Estas obras eran os tres tomos de El idioma gallego, de Antonio de la Iglesia, Soaces d’un vello de Benito Losada Astray (quen xa publicara baixo a editorial de Martínez Salazar no pasado) e Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal. A pesar da variedade e a calidade destas publicacións a venda seguiu a decrecer.
Debido as baixas vendas, os dous editores, que figuraban no pé editorial baixo a razón social de “Latorre y Martínez”, reconsideraron seguir coa actividade editorial. Martínez Salazar manifestou a súa decisión de continuar e a partir dese momento o pé editorial reduciuse a “Andrés Martínez”, ficando como único responsábel, investindo os seus bens na súa empresa. miniatura|Breve compendio de los varones ilustres de Galicia. Títulos publicados miniatura|Poesías selectas. miniatura|page=3|Chorimas. miniatura|page=7|Los hidalgos de Monforte. 5ª ed. T. I (PDF). Los precursores: Manuel Murguía. Aires d'a miña terra: Manuel Curros Enríquez. El idioma gallego: Antonio de la Iglesia (3 tomos). Soaces d'un vello: Benito Losada Astray. Queixumes dos pinos: Eduardo Pondal. Historia crítica de la literatura gallega: Augusto González Besada (vol. I e II). Breve compendio de los varones ilustres de Galicia: José Pardiñas y Villalobos. Romancero de Galicia: Victorino Novo García. Elogio del P. M. Feijoó: Marcelo Macías. La campaña de ultramar: Aurelio Ribalta. La propiedad foral en Galicia: Eduardo Vincenti. Ocios de camarote: Xoaquín de Arévalo Otero. Estudios sobre Galicia: Leandro de Saralegui Medina. Poesías selectas: José María Posada. Caldo gallego: Xoán Neira Cancela. Poesías gallegas y castellanas: Francisco Añón. El cerco de la Coruña en 1589 y Mayor Fernández Pita: Andrés Martínez Salazar. Artículos y novelas: José Rodríguez Seoane. El mundo rural: José Ogea. Chorimas: Alberto García Ferreiro. Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia: Lisardo Barreiro. Sucesos militares de Galicia en 1809: Manuel García del Barrio. Cousas d'a aldea: Aureliano Pereira. Leyendas, tradiciones y episodios históricos de Galicia: Luciano Cid Hermida. Ecos de mi patria: Waldo A. Insua. Rimas: Juan Barcia Caballero. Los guerrilleros gallegos de 1809, tomo I: Manuel Pardo de Andrade. Primicias: Salvador Cabeza de León. Los guerrilleros gallegos de 1809, tomo II: Manuel Pardo de Andrade. Juvenilia: Camilo Placer. El último hijodalgo: Manuel Amor Meilán. Folerpas: Eladio Rodríguez González. Crepusculares: Emilia Calé. Galicia, León y Asturias: Ramón Álvarez de la Braña. Contos da terriña: Heraclio Pérez Placer El gran gallego (Fr. Martín Sarmiento): Antolín López Peláez. A tecedeira de Bonaval: Antonio López Ferreiro. Por Galicia: cuartillas y apuntes: José Novo García. Recuerdos de Galicia: Teodosio Vesteiro Torres. Pé das Burgas: Francisco Álvarez de Nóvoa. Galicia en el ultimo tercio del siglo XV: Antonio López Ferreiro (2 tomos). Fugaces: Sofía Casanova. Por las rias bajas: Alfonso Pérez Nieva. Poesias selectas: Aurelio Aguirre. Los escritos de Sarmiento: Antolín López Peláez. Los hidalgos de Monforte: Benito Vicetto.
Análise
A Biblioteca Gallega está formada por cincuenta e dúas obras, mais hai unha ausencia de seis pezas. No libro Algunos temas gallegos, o autor enumera cincuenta e dúas obras, porén, soamente cita corenta e seis delas.
Esta editorial publicaba obras en castelán e en galego. Algunhas en galego son: Queixumes dos pinos de E. Pondal, Aires d’a miña Terra de M. Curros e A tecedeira de Bonaval de Antonio López Ferreiro. Outras importantes en castelán eran: Los Precursores de M. Murguía, El idioma gallego de A. de la Iglesia e Recuerdos de Galicia de Teodosio Vesteiro Torres.
Unicamente hai nove obras escritas en galego das cincuenta e dúas totais. A pesar de estaren escritas en castelán, estas obras reivindicaban a cultura galega, como por exemplo o libro de receitas de cociña galega: Caldo gallego de J. Neira Cancela. As obras en galego adoitaban ser de carácter costumista, intimista e facían unha denuncia social. Canto á ideoloxía, seguían á liña rexionalista de Murguía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
López, Teresa, "Andrés Martínez Salazar, os xograis galegos e as fanadas edicións galegas dos cancioneiros medievais", en Fernández Roca, X. Anxo e Martínez Mª José (eds.) (2002). Vir Bonus Docendi Peritus. Homenaxe a José Pérez Riesco, UDC. (pp. 227–239). Martínez Salazar, Andrés (1981). Algunos temas Gallegos, II. A Coruña, Gráficas do Castro/Moret. Murguía, Manuel (2004). Los precursores, edición especial para La Voz de Galicia. Risco, Vicente (1976). Manuel Murguía.Conciencia de Galicia. Vigo, Editorial Galaxia. ISBN 9788471542434
Outros artigos Biblioteca Gallega de Autores en Castellano Biblioteca Galega 120
Ligazóns externas Fernández del Riego, F.: "O fundador da «Biblioteca Gallega»" La Voz de Galicia, 4/4/2001. "A "Biblioteca Gallega" e a Academia Galega. Os estudos gramaticais" AS-PG.
Categoría:A Coruña Categoría:Século XIX en Galicia Categoría:La Voz de Galicia Categoría:Listas de libros Categoría:Coleccións literarias en lingua castelá Categoría:Editoriais de Galicia desaparecidas