Pierre-Hippolyte-Ernest Martinenche, nado en Calvisson, Gard, en 1869 e finado en Croix du Var o 1 de decembro de 1941, foi un escritor e hispanista francés.

Biografía O seu pai, médico, morreu pronto, deixando orfos a Ernest e unha irmá, Lucie. A súa nai, unha muller moi instruída que daba clases de latín e grego, marchou a Nîmes con eles e alí abriu unha pensión, dedicándose ademais a dar clases a nenos que preparaba para entrar no liceo. Martinenche foi profesor agregado de letras en 1891 apenas uns meses en Digne e logo moito máis tempo en Nîmes. Ensinou retórica en 1899 e ao ano seguinte no liceo de Montpellier. Daquela doutorouse en letras pola Sorbona. Foi Profesor adxunto de Letras na Universidade de Montpellier entre 1900 e 1906. Neste último ano entra na Sorbona, onde obtén unha cátedra de español en 1919, que desempeña até 1937.

Recibiu o maxisterio de Ernest Dupuy, Émile Faguet e sobre todo Ferdinand Brunetière, que foi o seu profesor na Escola Mormal Superior. Percorreu España publicando artigos en revistas francesas, por exemplo na Revue des Pyrenées (1898). Consagrou a súa tese de licenciatura a La Celestina e a de doutoramento a La comedia española en Francia desde Hardy a Racine. Seis anos despois, en 1906, escribiu Molière y el teatro español. Editou La Celestina (1910, 1927, 1946) e colaborou asiduamente na Revue Latine dirixida por Émile Faguet; dá para a Revue des Deux Mondes unha análise do teatro de Benito Pérez Galdós e para Revue Hispanique, Revue des Langues Romanes e outras revistas de estudos hispánicos artigos e recensións críticas.

Obras La Comedia Espagnole en France. De Hardy a Racine. París, Hachette, 1900. Molière et le théâtre espagnol Propos d'Espagne, París, Hachette, 1905. Histoire de l´influence espagnole sur la littérature française. L´Espagne et le Romantisme français. París, Hachette, 1922. Quatenus: Tragicomoedia De Calisto E Melibea Vulgo Celestina Dita Ad Informandum Hispaniense Theatrum Valuerit... La Celestine, La Renaissance du Livre, 1927. La Célestine, Tragi-comédie de Calixte et Mélibée, La Renaissance du Livre, 1946.

Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados no departamento de Gard Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Hispanistas