Vallgorguina é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.

Historia O nome de Vallgorguina noméase por vez primeira no século X mais os asentamentos humanos son moi anteriores. Así o testemuñan os restos arqueolóxicos atopados na zona. O núcleo de poboación actual data de finais do século XVIII. O ano 1848 construíuse a actual igrexa, pasando a vella a ser a capela do cemiterio.

A actividade económica habitual durante séculos foi a agricultura, a explotación do bosque e en menor medida a gandería. Co século XIX e XX chegou a industrialización, e tamén a construción de segundas vivendas destinadas o veraneo.

Patrimonio Existen diversos elementos de interese:

Dolmen de Pedra Gentil Igrexa de Sant Andreu de Vallgorguina Masias de can Vilar e de can Pradell de la Serra Igrexa de Santa Eulàlia de Tapioles Parque Natural do Montnegre e o Corredor

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do concello

Vallgorguina