Holdyn Jerian Grant, nado o 9 de outubro de 1992 en Silver Spring, Maryland, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Panathinaikos BC grego.

Traxectoria profesional Grant foi elixido na 19ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Washington Wizards. Os seus dereitos foron traspasados primeiro ós Atlanta Hawks, e despois ós New York Knicks a cambio de Tim Hardaway, Jr..

O 22 de xuño de 2016, Grant foi traspasado xunto a José Calderón e Robin Lopez ós Chicago Bulls, a cambio de Derrick Rose, Justin Holiday e unha elección da segunda rolda do Draft de 2017.

O 7 de xullo de 2018, Grant foi traspasado ós Orlando Magic nun traspaso entre tres equipos. O 30 de xuño de 2019, os Magic non ofreceron a renovación a Grant, e o xogador converteuse en axente libre.

O 1 de xullo de 2020, Grant asinou cos Washington Wizards.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados no condado de Montgomery, Maryland Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores do Promitheas Patras BC Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores do Türk Telekom BK Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC