The Old Mill é unha curtametraxe clásica de animación de 1937 producido por Walt Disney, dirixido por Wilfred Jackson, e estreado nos cines por RKO Radio Pictures o 5 de novembro de 1937. O filme conta a historia dunha comunidade de animais que viven nun vello e abandonado muíño de vento e como teñen que afrontar cunha forte treboada de verán que case destrúe o seu fogar. Inclúe a canción "One Day When We Were Young" da opereta de Johann Strauss II Der Zigeunerbaron.

Gañou o Oscar á mellor curtametraxe animada na 10ª edición dos premios. No 2015, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América seleccionou o filme para a súa preservación no National Film Registry, por ser "cultural, histórico ou esteticamente significativo".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1937 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Wilfred Jackson Categoría:Filmes producidos por Walt Disney Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada Categoría:Filmes preservados no National Film Registry