La Lucha foi un periódico editado en Lalín entre 1916 e 1918.

Historia e características Subtitulado Órgano del Partido Maurista de Lalín, apareceu o 18 de setembro de 1916. Estaba dirixido por Bernardo Madriñán González, e o seu administrador era Wenceslao Garra. Editábase os días 3 e 18 de cada mes. Defensor da política maurista. Publicou un poema de Ramón Cabanillas. Cesou a súa publicación en 1918.

Véxase tamén Ligazóns externas La Lucha, periódico maurista de Lalín artigo de Manuel Igrexas.

Categoría:Prensa escrita de Lalín Categoría:1916 en Galicia