Serxio IV, nado en Roma e finado o 12 de maio de 1012, foi Papa de 1009 a 1012.

Traxectoria

Fillo dun zapateiro, escalou posicións dentro da xerarquía eclesiástica ata ser ordenado bispo de Albano o 1004.His epitaph, quoted by Duchesne, p. 264, states, Albanum regimen lustro venerabilis uno rexit. A lustrum is a five-year period.Mann, Horace. "Pope Sergius IV." The Catholic Encyclopedia Vol. 13. New York: Robert Appleton Company, 1912. 8 de novembro de 2017

Durante o seu pontificado o califa fatimita al-Hakim bi-Amr Allah fixo destruír a Igrexa do Santo Sepulcro en Xerusalén, e este feito dise que orixinou as primeiras bulas papais para as Cruzadas.

Recibiu a Santo Ermengol en Roma (1011) onde lle explicou os sucesos do Misterio do Santa Dúbida de Ivorra. Serxio IV deu fe que era un milagre e quedou o cáliz do sangue. A cambio, fixo enviar a Ivorra os panos manchados de sangue e o documento pontificio que recoñecía o milagre como verdadeiro, e, ademais, un cabelo da Virxe María, unha espiña da coroa de Xesús, un fragmento de pedra do sepulcro do Señor e outras reliquias de santos.

Os monxes beneditinos venérano como santo, pero Serxio IV non está canonizado oficialmente.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Papas Categoría:Finados en 1012