Zombie Lane é un videoxogo social desenvolvido por Digital Chocolate e lanzado por Facebook e Google+ no 2011. A finais de 2011, foi lanzado a través de iOS App Store. Os xogadores deben reconstruír unha veciñanza despois de que fose destruída por mor dunha apocalipse zombi. O xogo foi loado pola crítica polos seus gráficos e modo de xogo. En xullo de 2014, a versión de Facebook tiña máis de 2,2 millóns de "gústame", e en abril de 2014 foi mercado por RockYou mentres que os desenvolvedores de Digital Chocolate foron contratados para continuar a traballar no xogo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Zombie Lane page at Digital Chocolate Zombie Lane Review at DotMMO
Categoría:Videoxogos de 2011 Categoría:Videoxogos de Facebook Categoría:Videoxogos de navegador Categoría:Videoxogos de zombis