Alberto García Hermida,Martínez (2015), p. 171. nado en Ferrol en 1978 e coñecido cinematograficamente como Alberto Gracia, é un director galego de cinema.

Traxectoria Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde se especializou na materia de escultura.

A súa obra (composta por pinturas, debuxos, performances, vídeos ou instalacións) estivo exposta en distintos países do mundo. No seu primeiro libro ensaístico Microfugas, teoría y juego de la profanación (Editorial Aristas Martínez, 2010), materializa o seu interese pola estética, tema sobre o cal realizou conferencias e mesas redondas, e participou en proxectos de investigación como Grid Spinoza (2011).

En 2007 rodou en 16mm a súa primeira curta, Microfugas#1 (2008). En 2008 recibiu unha bolsa bianual de hangar.org como artista residente. En 2011 concedéuselle a bolsa de talento da AGADIC e rodou O quinto evanxeo de Gaspar Hauser, con produción de Zeitun Films e baseada na figura de Kaspar Hauser. A película gañou o premio FIPRESCI da crítica internacional no Festival de Rotterdam, e posteriormente foi seleccionada en festivais como a Viennale, Lima, Cinemateca Uruguaya, Valdivia ou Sevilla. En 2015 mudouse a Madrid, onde reside na actualidade.

Filmografía Microfugas #1 (2008) O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (2013) La estrella errante (2018) Tengan cuidado ahí fuera (2021) La Parra (2024)

Publicacións Microfugas, teoría y juego de la profanación (2010). Aristas Martínez Ediciones, 248 páxinas, ISBN 978-84-938210-6-7

Notas

Véxase tamén Bibliografía Martínez Martínez, María Isabel (2015), O cine de non ficción no Novo Cinema Galego (2006-2012): Conceptualización, contextos e singularidades,(tese de doutoramento), Universidade De Vigo. Ledo Andión, Margarita (ed.) (2017), Para unha historia do cinema en lingua galega. Marcas na paisaxe, Editorial Galaxia, ISBN 978-84-9151-172-4 Donoso Calvo, Sara (2018), Cine, paisaje, pintura. Una mirada al audiovisual gallego contemporáneo, (tese de doutoramento), Universidade de Santiago de Compostela. Ledo Andión, Margarita (ed.) (2019), Para unha historia do cinema en lingua galega. A foresta e as árbores, Editorial Galaxia, ISBN 978-84-9151-335-3 Ledo Andión, Margarita (ed.) (2020), Para unha historia do cinema en lingua galega. De illas e sereas, Editorial Galaxia, ISBN 978-84-9151-488-6 Nogueira, Xosé (ed.) (2021), Para unha historia do cinema en lingua galega. Lume na periferia, Editorial Galaxia, ISBN 978-84-9151-766-5 Ligazóns externas Alberto Gracia en Novo Cinema Galego

Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo