Basiluzzo é unha illa de Italia que pertence ao arquipélago das Illas Eolias, en Sicilia.
Situada aproximadamente a 3´5 km ao nordés de Panarea, ten unha superficie de 0,29 km², trátase, polo tanto, da maior das illas e arrecifes das illas deshabitadas. A costa da illa caracterízase por cantís sobre o mar, mentres que no centro hai unha gran meseta que ao longo dos séculos se utilizou como un lugar de cultivo, pastos e vivendas de tempada. A unhas poucas decenas de metros da illa atópase a gran rocha Spinazzola, de 5,5 metros cadrados (0,0055 quilómetros cadrados) e 79 metros de alto.Lo Cascio, p. 15.Medaglia, introduzione.
Características xeolóxicas
Basiluzzo é unha illa de orixe volcánica (como de feito todas as illas Eolias), que, xunto coas illas próximas, é o que queda dos antigos episodios eruptivos agora erosionada polos axentes e os fenómenos atmosféricos. Basiluzzo foi o máis novo destes volcáns, formado fai só 50.000 anos, comparado cos 150.000 a 130.000 de Panarea e as outras illas.Conseguenza di ciò, è che Basiluzzo con ogni probabilità non è mai stato collegato a Panarea tramite terre emerse, come invece è probabilmente avvenuto in tempi antichi per gli altri isolotti.Lo Cascio, p. 23.
A illa componse de capas sucesivas de fluxos de lava, visibles en diversas zonas da illa, onde ás veces se alternan capas negras de obsidiana con capas lixeiras de pedra pómez. A illa componse sobre todo de riolita.Racheli, ediz. 1986, p. 134. Tamén vense notables columnas de basalto verticais observables ao longo dos cantís.Racheli, ediz. 1986, p. 94.
Historia Os achados de fragmentos de cerámica e ferramentas de obsidiana suxiren que Basiluzzo foi visitada desde o neo-neolítico e talvez permanentemente habitada na Idade de Bronce.Medaglia, p. 172-173. Tamén son moi evidentes na illa os restos dunha vila romana que data das últimas décadas do século primeiro antes de Cristo e a primeira metade do primeiro século d.C., probablemente utilizado como residencia de tempada e un estanque de peixes que data da mesma época, situado nas proximidades do único porto da illa e mergullado por mor de movementos sísmicos.Racheli, ediz. 1986, p. 55. Ata principios do século XX Basiluzzo utilizouse como terra de pastoreo e cultivo, en particular, das alcaparras (Capparis spinosa), de modo que en 1784 deu lugar a unha disputa entre o bispo de Lipari, que administraba a illa, e algúns campesiños ocupantes.Lo Cascio, p. 27. Finalmente, en 1991 Basiluzzo, xunto coas outras illas máis pequenas de Panarea, foi declarado reserva natural integral, coa prohibición de desembarque, agás para fins científicos.Lo Cascio, p. 208. miniatura|Basiluzzo, a rocha Spinazzola á esquerda. No fondo, Stromboli.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Pietro Lo Cascio ed Enrico Navarra, Guida naturalistica alle Isole Eolie, L’Epos, 2003. ISBN 978-88-8302-213-5 Gin Racheli, Eolie di vento e di fuoco. Natura, storia, arte, turismo, Mursia, 1999. ISBN 978-88-4252-328-4 Salvatore Medaglia, Carta archeologica dell'isola di Basiluzzo (arcipelago delle Eolie), in «Sicilia Antiqua» V, 2008, pp. 167–196.
Ligazóns externas Sitio con información e foto de Basiluzzo.
Categoría:Illas de Italia