Kerim Gurbannepesow, nado en Gökdepe en 1929 e finado o 1 de setembro de 1988 en Achkhabad, foi un escritor turcomán.

Traxectoria Quedou orfo de pai en 1942 e traballou no campo, como bibliotecario e serviu no exército. Comezou a escribir de novo, aparecendo os seus poemas en periódicos locais e a partir de 1940 no xornal satírico e xuvenil Tokmak. En 1951 publicou o seu primeiro libro, unha colección de poesías, ao que lle outros 20 libros do xénero lírico. Moitos dos seus poemas convertéronse en cancións populares en Turkmenistán. Tamén escribiu obras para nenos. Traduciu ao turcomán obras de Alexander Pushkin, N. A. Nekrasov, Gianni Rodari, Walt Whitman, Rabindranath Tagore, Nâzım Hikmet, Ali-Shir Nava'ii e varios outros autores. Foi deputado do Soviet Supremo da RSS de Turkmenistán.

Notas

Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados en Turkmenistán Categoría:Escritores en lingua turcomá Categoría:Tradutores do ruso Categoría:Políticos de Turkmenistán