Xosefina de Leuchtenberg, nada o 14 de marzo de 1807 en Milán (como Joséphine Maximilienne Eugénie Napoléone de Beauharnais) e finada o 7 de xuño de 1876 en Estocolmo, foi raíña de Suecia e Noruega entre 1844 e 1859, como consorte do rei Óscar I.Darryl Lundy, Xenealoxía de Xosefina de Leuchtenberg .

Tamén foi Princesa de Bologne,Princesse de Boulogne 1807 en Oeuvres de Napoléon Bonaparte, Volume 4. e Duquesa de Galliera e de Leuchtenberg.

Familia Era a filla máis vella de Eugène de Beauharnais, primeiro duque de Leuchtenberg (concedido en 1817 polo rei Maximiliano I de Baviera) e de Augusta Amalia de Baviera (filla do rei Maximiliano I de Baviera e da princesa Guillermina de Hesse-Darmstadt).

Debía o seu primeiro nome á súa avoa paterna, a emperatriz Xosefina, e o seu terceiro ao emperador Napoleón Bonaparte.

Matrimonio miniatura|180px|esquerda|Retrato de Óscar I, esposo de Xosefina de Leuchtenberg. miniatura|esquerda|180px|Xosefina, como princesa herdeira de Suecia e Noruega.

Casou con Óscar, o príncipe herdeiro de Suecia e Noruega, o 22 de maio de 1823, no palacio de Leuchtenberg, en Múnic.

O 19 de xuño do mesmo ano celebrouse unha cerimonia en Estocolmo.

Probabelmente o matrimonio tiña tamén fins de lexitimación dinástica, pois Xosefina era descendente, por liña materna, de Gustavo Vasa. Así mesmo descendía a través da súa e nai do impopular rei Cristián II de Dinamarca.

Seis días despois de chegar a Suecia tivo que renunciar ao seu terceiro nome, Napoleona, debido a que Suecia se aliñara no bando contrario a Napoleón durante as guerras deste en Europa.

Levou consigo varias xoias espectaculares herdadas da emperatriz Xosefina, elaboradas en prestixiosas xoiarías de París. Esas xoias pertencen aínda hoxe en día á familia real sueca.

En 1824 foi vicerraíña de Noruega e tería que viaxar acompañando ao seu marido á capital dese país, Kristianía (actual Oslo). Alí viviría a parella uns cantos meses antes de volver a Estocolmo.

Á morte de Carlos XIV Xoán de Suecia, o seu esposo Óscar subiu ao trono, como Óscar I, e Xosefina converteuse en raíña de Suecia e Noruega.

Entre as súas actividades como raíña encontrábanse as obras de caridade. Manifestou gusto pola pintura e promoveu as reformas propostas polo seu marido.

Xosefina foi tan popular na corte como entre o pobo sueco, a pesar de conservar a súa relixión católica, aínda que consentiu educar os seus fillos na relixión luterana. Segundo rumores, a raíña defendeu, en 1860, unha nova lei de liberdade relixiosa. A lei antiga permitía crenzas diferentes soamente se o individuo nacera nelas, prohibindo unha conversión da fe luterana.

Non se sabe se tivo algunha influencia política durante o reinado do seu marido (e no do seu fillo), pero certamente actuou como conselleira do rei. En 1848 tentou evitar unha guerra en Schleswig-Holstein. E sería responsábel dun tratado entre Suecia, Noruega, Francia e a Gran Bretaña en 1855.

Na súa vida privada padeceu a infidelidade de Óscar, que tivo un romance extramatrimonial coa famosa actriz sueca Emilie Högqvist, e outra relación coa aristócrata Jaquette Löwenhielm.Söderhjelm, Alma & Palmstierna, Carl-Fredrik (1944): Oscar I. Stockholm: Bonnier. Libris 22887 .

Morte A finais do mes de maio de 1876, Xosefina xa estaba bastante enferma, falecendo o 7 de xuño dese ano en Estocolmo, á idade de 69 anos. As súas últimas palabras foron: «Eu estou indo para casa agora. Estou moi feliz». O seu funeral seguiu o rito católico. Está sepultada na Igrexa de Riddarholmen, de capital sueca.

Descendencia Co seu esposo Óscar I tivo os seguintes fillos: Carlos (1826-1872). Duque de Escania, rei de Suecia e de Noruega de 1859 a 1872. Gustavo (1827-1852). Duque de Uppland. Óscar (1829-1907). Duque de Östergötland, rei de Suecia de 1872 a 1907 e de Noruega de 1872 a 1905. Euxenia (1830-1889). Augusto (1831-1873). Duque de Dalecarlia.

Galería de imaxes

Antepasados Antepasados de Xosefina de Leuchtenberg

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Herman Lindqvist (2006): Historien om alla Sveriges drottningar . Stockholm: Norstedts Förlag. ISBN 9113015249 / ISBN 9789113015248 .

Outros artigos Óscar I de Suecia

Ligazóns externas Darryl Lundy, Xenealoxía de Xosefina de Leuchtenberg en The Peerage

Categoría:Raíñas consortes de Suecia Categoría:Raíñas consortes de Noruega Categoría:Nobres de Francia Categoría:Nados en 1807 Categoría:Nados en Milán Categoría:Finados en 1876