A presenza das aves na cultura popular galega, sexa en forma de vocabulario que as utiliza como metáfora, de ditos que recollen o seu aspecto ou comportamento, de refráns, cantigas ou contos, é moi ampla, como non pode resultar estraño. Así, as diferentes aves, domésticas ou non, serven como prognósticos meteorolóxicos (Cando chían os biluricos, moita auga e moito frío), como agoiros de boa ou mala sorte (como o berro do corvo ou do moucho nas inmediacións da casa famcegoñailiar), como remedios medicinais (como queimar plumas de perdiz para aliviar as dores do parto), describen comportamentos da xente (ser unha laberca) ou son a base de multitude de lendas (como a do chasco e o pimpín co gallo da Fuxida a Exipto).
Obviamente, estas manifestacións culturais non pretenden unha exactitude biolóxica, como tampouco o pretende calquera outra expresión da cultura popular, senón que nacen da observación no campo (acertada ou non, coherente ou non) e se van estendendo -e modificando- mediante a transmisión oral.
As aves en xeral Léxico Pé de paxaro: diferentes herbas do xénero Polygonum. Pan de paxaro: planta, Sedum acre.
Locucións Comer coma un paxariño: comer moi pouco, petiscar.Victoria Cerviño Ferrín. Mañán de paxaros: dise dunha cousa efémera, de pouca dura.Eladio Rodríguez González, s. v. mañán. Paxaro de bo agoiro: dise de quen trae boas noticias.Eladio Rodríguez González, s. v. paxaro. Paxaro de conta: dise daquel con quen hai que tratar con cautela, ou con respecto. Paxaro de mal agoiro: ademais de aplicarse a aquelas aves que se consideran que agoiran desgrazas, tamén se di das persoas que traen malas noticias ou que teñen unha mala aparencia.
Refraneiro Ave de albarda, anque non voe ben se garda.Eladio Rodríguez González, s. v. ave. Ave de culler non fai máis que comer. Ave de moita pruma pouca carne ten. Ave de paso, fungueirazo. Ave de pico non fai ó dono rico. Ave de pruma, non deixes ningunha. Ave por ave, o porco, se voase. Ave que corre non voa. Ave que se muda, en cada sitío deixa unha pruma. Ave que voa, pra cazola é boa. Ben está no seu niño o paxaro, como está cada un onde foi nado. Da ave de pico acullerado, líbrate coma do diaño. Das aves que erguen o rabo, a pior é o xarro. De tal niño, tal paxariño.Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. De toma un paxaro a daca un paxaro, van dous paxaros. Domingo de Lázaro collín un paxaro, e o día de Pascuas aseino nas ascuas. Dúas aves de rapiña non gardan compañía. Home sin agarimo, paxaro sin niño.Eladio Rodríguez González, s. v. home. Máis val na man un paxaro que un cento voando. Mal anda o paxariño que anda nas maos do meniño. Nos niños de antano non hai paxaros hogaño. O can no prado non quere paxaro. O paxaro da devesa, un o axexa i outro o pesca. Ó paxaro que se ha perder, aás lle han nacer. O primeiro millo é dos páxaros.José María Pereda Álvarez. O primeiro millo é prós paxaros. Paxaro calado non fai mal agoiro. Paxaro de mal natío o que caga no niño. Paxaro trigueiro, nono quero no meu celeiro. Paxaro vello non cai na gaiola. Pola Candelaria cásanse os paxariños e vaise a galiñola.A Candeloria celébrase o 2 de febreiro. Quen ós paxaros recea, millo miudo non semea. Ruín paxaro, ruín cantar. Se o porco voara non houbera ave que coel se igualara. Tal paxaro, tal ovo. Tódalas aves, cos seus pares. Unha ave soila non canta nen chora.
Cantigueiro A paxara é moi mala/ i o paxaro aínda lle gaña:/ tres galipardos nas uvas/ i eles deitados na cama Xaquín Lorenzo: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973.. A saia da paxara/ ten un lagarto pintado/ e cando a paxara bailla/ o lagarto move o rabo Variante da máis coñecida "A saia de Carolina...".. Aquil paxaro non canta,/ seica non ten alegría:/ non se fai cousa de noite/ que non se saiba de día . Arrimácheste ó loureiro/ por lle dar gusto ó corpiño:/ agora estás na gaiola,/ ten pacencia, paxariño . Boteiche unha, boteiche outra/ por riba dun carballiño,/ que tu non has de negar/ que es filla dun paxariño . Cada vez que vexo o sitio/ onde o amor habitou/ consólome en ver a xaula/ pois o paxaro voou . Canta, canta, paxariño,/ non escoites meu lamento;/ en ti só hai alegría,/ en min so hai o tormento . Canta, paxariño, canta,/ alegra o meu curazón,/ dame un pouco de consolo/ que me morro de delor . Canta, paxariño, canta,/ que me morreu o amor,/ canta e dalle consolo/ ó meu probe curazón . Cantai, paxariños,/ cantai, meus amigos,/ que esí arrularendes/ ós meus pequeniños . Con os paxaros do campo/ eu me quero comparar:/ ando vestido de penas/ e ando sempre a cantar A orixe desta cantiga é portuguesa, lingua na que penas significa plumas.. Escribíronme unha carta/ nas alas dun paxariño,/ quen che me dera saber/ quen me ten tanto cariño . Maruxa, se vas á sega/ escríbeme do camiño,/ se non topares papel,/ nas alas dun paxariño . Moza probe e ben vestida/ moito me dá que pensar:/ Dios só viste aos paxariños/ porque non saben fiar . Non te quixen nin te quero/ nin teño tal intención,/ que outros paxariños voan/ dentro do meu curazón . O paxariño no campo/ de tódalas herbas come,/ o donaire dunha nena/ tres días mantén a un home . O paxaro cando canta/ mete o rabo na silveira,/ esí fai a boa moza/ cando non hai quen a queira . O paxaro, cando canta,/ mete o rabo nas silveiras;/ tamén o meten as mozas/ cando non ten quen os queira Xosé Ramón Fernández-Oxea: Santa Marta de Moreiras, 217.. O paxaro de María/ anda nas miñas cireixas./ Come, paxariño, come,/ veremos as que me deixas Fermín Bouza Brey: Cantigas populares da Arousa, 1929. . O paxaro de María/ foime ás uvas ó bacelo,/ todos os paxaros ten pruma,/ o de María ten pelo . Paxarín que vas voando/ ¿onde vas facer o niu?/ Á canaveira máis alta/ que ten a beira do riu Aníbal Otero, s. v. canabeira. Aníbal Otero identififica a canaveira coa cicuta. Pode ser unha denominación local pero o significado común é cana (Arundo donax) que, precisamente, abunda nas beiras dos ríos.. Paxariño, bico de ouro,/ bebe na fonte de plata;/ coitadiña da meniña/ que por amores se mata . Paxariño, bico de ouro,/ bebe na fonte de plata;/ coller amores non custa,/ deixalos é o que mata . Paxariño de María,/ non me cóma-las cereixas/ que o meu amor no’está eiquí,/ non teño a quen da-las queixas . Paxariño, pena verde,/ que cantas no meu xardín;/ tódalas penas se acaban,/ só as miñas non ten fin . Paxariños voadores/ víndeme á porta a cantar,/ víndeme espanta-las bruxas/ que me queren embruxar . Paxaro que vas voando/ e levas fío no pico:/ traimo eiquí para coser/ o meu corazón ferido . Paxaro que vas voando/ por onde aquela cerdeira,/ dámelle moitas mamorias/ á María da Carreira . Paxaro que vas voando/ por riba do Rebolar,/ dille ás mociñas que veñan/ pousarse eiquí, á Molar Xaquín Lorenzo explica que Rebolar era un terreo na serra do Leboreiro, próximo á parroquia de San Xes de Vilariño no concello de Lobeira; e engade que A Molar era un lugar da mesma parroquia, pero hoxe non aparece no Nomenclátor.. Por que non cantas, paxaro?/ Porque non teño alegría;/ non se fai cousa de noite/ que non se saiba de día . Vou por eiquí embaixo/ fiando na miña roca;/ veu un paxariño pinto,/ picoume na mazaroca .
A anduriña miniatura|Día de san Xosé, primeira andoriña se ve.
O carrán común (Sterna hirundo) se coñece tamén como anduriña de/do mar, pola similitude morfolóxica coa anduriña común. Amigo polo seu proveito, andoriñas no teito. Andoriña a rente da auga, choiva na cama. Andoriña que alta voa non teme que chova. Andoriña que voa a rentes da terra, chuvia venta. Anduriñas arrentes da auga, chuvia na praia. Máis caga un boi que cen anduriñas. Máis come un boi que cen anduriñas.
A avefría Eladio Rodríguez recolle para esta ave o nome de galo monteiro, polo moño de plumas que ten sobra a cabeza Eladio Rodríguez González, s.v. galiña.. Outro nome baseado na mesma morfoloxía é o de galo da braña.
Constantino García recolleu en Cariño o nome de pito de neve, polo hábitat en que se desenvolve Constantino García González (1985): Glosario de voces galegas de hoxe, Universidade de Santiago, Verba, anexo 27.
O azor O azor, no pau, e o falcón, na mau.Eladio Rodríguez González, s. v. azor.O libro da caza, 26.Xaquín Lorenzo (1983), 48. Perdiz moi azorada, está medio asada.O libro da caza, 27. Xoan mengana e muller de azor, váiselle o tempo en andar darredor.Moreiras Santiso (1977), 99; Moreiras Santiso (1978), 79.Zamora Mosquera, 253.O libro da caza, 27.
O bilurico Cando chían os biloricos, moita auga e moito frío Clodio González (a), 58.Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.. Cantan os biloricos na terra, chuvias sen falta se esperaClodio González (a), 58.Álvarez Giménez, 37. Engade o colector que estas aves "abandonan a costa cando presenten treboada no mar".
A bubela miniatura|300px|Bubela O máis característico desta ave é o seu cheiro desagradable, motivo polo que recibe os nomes de galo merdeiro, galo merdento ou galo merdoso,Eladio Rodríguez, s. v. galo. créndose popularmente que a femia embouta o niño con excrementos humanos. O certo é que o cheiro se debe a que fai o niño con bosta de vaca xunto a plumas e palla e deixa amorear no interior do niño as dexeccións dos polos e as secrecións da súa glándula uropixial. A este mal cheiro que desprende o niño obedece a sona de animal maléfico que ten a bubela, e pode explicar que sexa perseguido polos campesiños, aínda que se trate dunha ave beneficiosa.Gran Enciclopedia Galega, s. v. bubela.
Tamén se pensaba na antigüidade que quen mirase detidamente este paxaro, engordaba; que se se fixaba a vista no ventre da bubela, terminaba reconciliándose con algún inimigo que tivese; e que quen levara no peto unha cabeza súa non sería enganado polos feirantes.Eladio Rodríguez, s. v. bubela.Gran Enciclopedia Galega, s. v. bubela.
Crese que a bubela venta a chuvia, e que cando canta é sinal de que vai chover.Penas Patiño (1980), 75.
Chámase bubela ó parvo, a quen se distrae con facilidade e por calquera cousa.
Locucións Cheirar como unha poupa: cheirar moi mal. Tamén Máis cheirento que un bubelo.Antonio de la Iglesia III, 228. Ser como a bubela: non ser quen de gardar un segredo. Ser un bubelo: aparvado.Eladio Rodríguez, s. v.bubelo. Ser unha bubela: dise das mozas lixeiras e aloucadas. Ter cabeza de bubela: ser apampado e de pouco xuízo. A quen é lixeiro e tarambana chámanlle "cabeza de bubela".Terra de Melide, 454.
Refraneiro Cando canta a bubela, amaña todo prá sega. Cando oias a bubela, deixa os bois e colle a gavela.Xaquín Lorenzo (1983), 26. Canta a bubela, pataca á terra; canta o cuco, pataca ó suco.Xaquín Lorenzo (1983), 27. Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela, e a ruliña non rulea, mala cosecha se espera.Álvarez Giménez. 53. Se por san Xosé a bubela non vén, catala morta ou algo ten.Ferro Ruibal, s. v. Xosé. Explica que probablemente se refira á persistencia do frío. Vén a abubela, patacas á terra.Isaac Rielo Carballo, 97.
Cantigueiro Agora que vén o cuco/ tamén ha vir a bubela;/ Déixame dormir un sono/ na túa cama de pedra.Real Academia Galega 1913, s. v. bubela. Canta cuco, canta cuco,/ na casiña da bubela;/ coitadiña da meniña/ que lle chove na capela. Canta cuco, canta cuco,/ que xa cantou a bubela;/ cantan os bechiños todos/ no tempo da primaveira. Quen ouviu cantar o cuco/ tamén ouviu a bubela;/ xa te podías calar/ ouvidos de parouvela. O cuco e a bubela volven a Galicia nas súas migracións na mesma época, por iso quen escoita un, escoita a outra. Parouvela non se recolle nos dicionarios.
O bufo