A Estación do Porto - São Bento, tamén chamada Estación de São Bento, e orixinalmente coñecida como Estación Central do Porto, é unha estación ferroviaria da Linha do Minho, que serve a cidade do Porto, en Portugal. Atópase na Praza de Almeida Garrett, tendo o edificio da Estación, de influencia francesa, sido delineado polo arquitecto portuense José Marques da Silva.SANTOS, p. 331 Entrou en servizo, de forma provisional, no día 8 de novembro de 1896,MARTINS et al, p. 251 sendo oficialmente inaugurada o 5 de outubro de 1916. Situada no Centro histórico do Porto, a estación forma parte dos principais monumentos da cidade, sendo especialmente célebre polos seus paneis de azulexo.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Porto - São Bento Categoría:Arquitectura do Porto