miniatura|left|Golden coast
Chrissi (, "ouro", tamén Γαϊδουρονήσι - Gaidouronisi "illa burricán") é unha illa grega deshabitada aproximadamente 15 km ao sur de Creta preto de Ierapetra no mar de Libia. Aproximadamente a 700 m ao leste da illa está a illa de Mikronisi. Administrativamente estas illas atópanse dentro do municipio Ierapetra en Lasithi.
Turismo left|thumb | Praia de Chrysi
É posible visitar Chrissi por mar desde Ierapetra e desde Myrtos. Hai unha praia nudista na costa norte da illa. O punto máis alto da illa chámase Kefala ("cabeza") e ten unha altitude de 31 m sobre o nivel do mar. Na parte occidental da illa atópase a capela de San Nicolás (estimase a data no século XIII). Tamén hai un salar, un antigo porto, algunhas ruínas minoicas, un faro e un cemiterio romano. Debido ás augas pouco profundas ao redor de Chrissi, o snorkel e o mergullo son dous pasatempos populares. As baías Belegrina, Hatzivolakas e Kataprosopo teñen unha ampla diversidade de cunchas.
É posible chegar á illa desde Ierapetra entre mediados de maio e finais de outubro.
Protección do medio ambiente
Chrissi está protexida como "área de intensa beleza natural". A illa ten o maior bosque natural de Juniperus macrocarpa en Europa. Non hai auga potable na illa. A maioría das árbores teñen unha idade media de 200 anos cunha altura media de 7 m, algunhas das árbores de 300 anos de idade teñen 10 m de altura. A densidade é aproximadamente 28 árbores por hectárea.Natura 2000 site GR 4320003 (Grego)
Referencias
Véxase tamén
Outras illas gregas
Ligazóns externas
Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia