Gavdopoula (, é un illote situado ao noroeste do seu veciño máis grande, Gavdos, no mar de Libia. Atópase ao sur de Creta, da que administrativamente forma parte, na unidade rexional de Chania. Forma parte do municipio de Gavdos, e foi parte da antiga Provincia Selino.

Natureza Gavdopoula esta cuberta de arbustos de phrygana (φρύγανα) de baixa altura. É unha parada importante para a migración de aves.European populations of migratory birds , Natural History Museum of Crete of the University of Crete, Flora and Fauna on Gavdos, Gavdos Online Service , 1 de marzo de 2008.

Proposta como base de transporte de contedores

En 1998 o illote foi proposto como base dunha enorme instalación de almacenamento e envío de contedores. Os ecoloxistas fixeron campaña con éxito para bloquear o desenvolvemento e Gavdopoula agora é unha reserva natural protexida e en particular para as aves migratorias.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de illas de Grecia Gavdos

Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia