As caprifoliáceas (Caprifoliaceae) son unha familia de plantas dicotiledóneas arbustivas, de follas opostas, flores hermafroditas e froito en drupa ou baga, pertencente á orde Dipsacales.«An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III.» (pdf). A esta familia pertencen rubideiras como o cadrifollo e todas as demais madreselvas, por isto tamén se coñece como a familia das madreselvas. Este clado agrupa unhas 380 especies, en 10 xéneros, cunha extensa área de distribución; centros de diversidade atópanse no Leste de América do Norte e Leste de Asia, mentres que se atopan ausentes no África tropical e no Sur deste continente.
Descrición Estas plantas son na súa maioría arbustos e parras, raramente herbas, incluíndo algunhas plantas ornamentais de xardín en rexións tépedas. As follas son maiormente opostas sen estípulas, e poden ser ou perennifolios ou caducifolios. As flores son tubulares con forma de funil ou semellantes a campás, normalmente con cinco lobos voltos cara a fóra, e case sempre con recendo. Normalmente forman un pequeno cáliz de brácteas miúdas. O froito é na maioría dos casos unha baga ou unha drupa. Os xéneros, Diervilla e Weigela, teñen froitos en cápsula.
Taxonomía (cun número aproximado de especies).
A maior parte do debate sobre a taxonomía deste grupo quedou liquidado.
A taxonomía evolutiva deste grupo inclúe
Diervilloideae Diervilla (madreselva arbustiva): 3 especies Weigela: 10 especies. Heptacodioideae Heptacodium (flor dos sete fillos): 1 especie Caprifolioideae Leycesteria: 6 especies Lonicera (madreselva, cadrifollo): 180 especies Symphoricarpos (Bagas da neve): 17 especies Triosteum: 6 especies Linnaeoideae Abelia : 30 especies Dipelta: 4 especies Kolkwitzia (arbusto belo): 1 especies Linnaea: (flor xemelga): 1 especies Morinoideae Cryptothladia Morina Dipsacoideae Acanthocalyx Pterocephalus Dipsacus Scabiosa Triplostegioideae Triplostegia Valerianoideae Patrinia Nardostachys Centranthus Plectritis Valeriana Valerianella Fedia Non durarán durante moito tempo incluídas en Caprifoliaceae
(consideradas por algúns autores como pertencentes a unha familia á parte Adoxaceae /Alseuosmiaceae) Alseuosmia: 8 especies Memecylanthus: 1 especies Periomphale: 2 especies (consideradas por algúns autores como pertencentes a unha familia á parte Adoxaceae /Carlemanniaceae) Carlemannia: 3 especies Silvianthus: 2 especies.
Usos As plantas pertencentes a esta familia son normalmente plantas ornamentais rubideiras, arbustos moi populares nos xardíns, especialmente Lonicera. Unhas poucas chegaron a ser plantas invasoras fóra das súas áreas nativas de distribución (tal como é o caso de Lonicera japonica).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Flowering Plants of the World, 1987, Vernon H. Heywood, Andromeda Oxford Ltd., ISBN 90-5210-165-5 Botánica, Gordon Cheers, Random House Australia, ISBN 3-8290-1953-X