Das igrexas da illa sueca de Gotland, 93 (a gran maioría) son medievais. 92 delas están situadas en zonas rurais, estando só a catedral de Visby dentro da cidade amurallada de Visby, a capital e maior poboación da illa. Porén, durante a Idade Media, a cantidade de igrexas foi incluso maior, con 12 en Visby e 4 máis nas zonas rurais. Algunhas destas aínda son visibles como ruínas máis ou menos ben conservadas.

Antecedentes Gotland comezou a abandonar gradualmente o paganismo nórdico e a adoptar o cristianismo durante o século XI. As primeiras igrexas en ser construídas na illa foron de madeira, feitas á maneira das stavkirke. Ningunha delas sobreviviu intacta. Os restos mellor conservados, hoxe en día no Museo sueco de historia, son as da stavkirke de Hemse. Descubríronse restos e evidencias arqueolóxicas das primeiras stavkirke en dez sitios diferentes de Gotland. Os restos apuntan a unha decoración artística que lembra á arte viquinga.

As igrexas de pedra comezaron a substituír as de madeira durante o século XII. Esas igrexas eran de estilo románico, con influencias que procedían principalmente da arquitectura danesa e do oeste de Alemaña, aínda que nun número limitado tamén do Imperio Bizantino. De xeito importante, a construción da catedral de Lund, en Escania, estableceu unha fonte de influencias na veciñanza relativa. Do mesmo xeito, o establecemento en 1164 do mosteiro cisterciense de Roma, en Gotland, trouxo importantes influencias cistercienses ao seguinte período de construción de igrexas. Estas igrexas románicas foron ás veces decoradas internamente con frescos. Aquí tamén as influencias veñen máis a miúdo do oeste e do sur, pero ás veces tamén dende Rusia. De xeito semellante, as igrexas foron adornadas con esculturas de pedra, destacando as decoradas pías bautismais. Aquí tamén, as influencias veñen tanto do leste como do oeste, pero os propios escultores parece que eran nativos de Gotland. Finalmente, algunhas igrexas tamén presentan ocasionalmente esculturas de madeira, como cruces triunfais. Estas amosan un estilo occidental máis uniformemente marcado, con influencias de Francia ou o oeste de Alemaña.

Durante o século XIII, iniciáronse traballos de reconstrución en varias desas primeiras igrexas e tamén encargáronse outras novas. Gotland estaba gozando dun período de prosperidade grazas ao aumento do comercio, e, posiblemente, debido ao seu papel de zona de parada para os cruzados que partían cara a costa leste do Báltico. As igrexas fixéronse máis grandes e elaboradas. O estilo comezou a cambiar en favor do gótico, aínda que poucas igrexas en Gotland amosan un estilo gótico pronunciado. As partes máis elaboradas desas igrexas adoitan a ser os portais, principalmente os portais principais orientados cara ao sur. As súas torres son tamén máis altas e elaboradas ca as torres anteriores (sendo a miúdo deseñadas tamén con propósito defensivo). Outra característica típica é o coro cadrado que carece de ábsida e no seu lugar ten un muro oriental recto con tres fiestras. Internamente, os frescos e as esculturas de madeira continuaron a gañar en popularidade, ademais de vidreiras. As influencias artísticas viñeron a través de Visby principalmente dende o oeste de Alemaña. Ao final deste período Gotland entrou nunha etapa de decadencia económica. Tras a peste negra, a invasión da illa por parte de Valdemar IV de Dinamarca e da batalla de Visby (1361), e dun descenso xeral no comercio, moitas igrexas quedaron sen rematar. Polo tanto, varias igrexas de Gotland amosan unha forma peculiar, onde o coro é gótico e desproporcionalmente grande en comparación co resto da igrexa de estilo románico. Neses casos, a reconstrución da igrexa comezou polo coro pero tivo que deterse antes de poder rematarse.

Dende aproximadamente o ano 1400 non se construíron novas igrexas e a actividade de construción relixiosa descendeu drasticamente. Internamente, algunhas igrexas recibiron novos adornos na forma de novos retablos ou frescos durante os séculos XV e XVI. Tras a Reforma, introduciuse un novo tipo de retablos e púlpitos. Eses elementos post-Reforma dos séculos XVII e XVIII están moi ben representados nas igrexas da illa.

A actividade de construción de igrexas en Gotland polo tanto tivo lugar nun período aproximado de 250 anos, dende a redor do ano 1100 ata o 1350. Ata principios do século XIII o ritmo de construción foi comparable ao do resto de Escandinavia. A partir de entón tanto o número como o tamaño das novas igrexas incrementouse de forma significativa, ata que a construción parou completamente ao final da Idade Media.

Só unhas poucas das igrexas construídas en Gotland foron alteradas en boa medida dende o final da Idade Media, algo infrecuente no contexto europeo, xa que as igrexas medievais foron en xeral fortemente reconstruídas ou renovadas durante o século XIX. As igrexas parroquiais medievais de Gotland forman o conxunto de igrexas mellor onservadas de Suecia, e de feito en toda a rexión do Báltico.

Durante o século XX construíronse un pequeno número de igrexas novas, principalmente en Visby. A gran maioría das igrexas de Gotland pertencen á Igrexa luterana de Suecia e á diocese de Visby.

As igrexas A menos que se especifique o contrario, as igrexas de Gotland noméanse pola súa localidade. A Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias Igrexa de Akebäck 150px Igrexa de Ala 150px Igrexa de Alskog 150px Igrexa de Alva 150px Igrexa de Anga 150px Igrexa de Ardre 150px Igrexa de Atlingbo 150px

B-D Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias Igrexa de Barlingbo 150px Igrexa de Björke 150px Igrexa de Boge 150px Igrexa de Bro 150px Igrexa de Bunge 150px Igrexa de Burs 150px Igrexa de Buttle 150px Igrexa de Bäl 150px Igrexa de Dalhem 150px Fortemente restaurada 1899-1914

E–F Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias Igrexa de Eke 150px Igrexa de Ekeby 150px Igrexa de Eksta 150px Igrexa de Endre 150px Igrexa de Eskelhem 150px Igrexa de Etelhem 150px Igrexa de Fardhem 150px Igrexa de Fide 150px Igrexa de Fleringe 150px Igrexa de Fole 150px Igrexa de Follingbo 150px Igrexa de Fröjel 150px Igrexa de Fårö 150px O cineasta Ingmar Bergman está enterrado no seu cemiterio

G Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias Igrexa de Gammelgarn 150px Torre defensiva do século XII pegada (na imaxe) 75px Igrexa de Ganthem 150px Igrexa de Garde 150px Igrexa de Gerum 150px Capela de Gnisvärd 150px Igrexa de Gothem 150px Igrexa de Grötlingbo 150px Igrexa de Guldrupe 150px

H-K Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias Igrexa de Hablingbo 150px Igrexa de Hall 150px Igrexa de Halla 150px Igrexa de Hamra 150px Igrexa de Hangvar 150px Igrexa de Havdhem 150px Igrexa de Hejde 150px Igrexa de Hejdeby 150px Igrexa de Hejnum 150px Igrexa de Hellvi 150px Igrexa de Hemse 150px Localización orixinal da stavkirke de Hemse Igrexa de Hogrän 150px Igrexa de Hörsne 150px Igrexa de Klinte 150px Capela de Kovik 150px Igrexa de Kräklingbo 150px Igrexa de Källunge 150px

L-M Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias Igrexa de Lau 150px Igrexa de Levide 150px Igrexa de Linde 150px Igrexa de Lojsta 150px Igrexa de Lokrume 150px Igrexa de Lummelunda 150px Igrexa de Lye 150px Contén o conxunto de vidreiras medievais mellor conservadas dos países nórdicos Igrexa de Lärbro 150px Torre defensiva do s. XII pegada (na imaxe) 75px Igrexa de Martebo 150px Igrexa de Mästerby 150px

N-R Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias Igrexa de Norrlanda 150px Igrexa de När 150px Igrexa de Näs 150px Igrexa de Othem 150px Igrexa pentecostal de Visby 150px Prtencente á igrexa pentecostal Igrexa de Roma 150px Non confundir coa abadía de Roma que se atopa nas proximidades Igrexa de Rone 150px Igrexa de Rute 150px

S-T Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias Igrexa de Sanda 150px Igrexa de Silte 150px Igrexa de Sjonhem 150px Igrexa de Slite 150px Igrexa de Sproge 150px Igrexa de Stenkumla 150px Igrexa de Stenkyrka 150px Igrexa de Stånga 150px Igrexa de Sundre 150px Torre defensiva pegada (na imaxe) 75px Igrexa de Tingstäde 150px Igrexa de Tofta 150px Igrexa de Träkumla 150px

V-Ö Nome Principal período de construción Coordenadas Imaxe Notas Referencias Igrexa de Vall 150px Igrexa de Vallstena 150px Igrexa de Vamlingbo 150px Igrexa de Viklau 150px Unha das esculturas medievais suecas máis coñecidas, a Madonna de Viklau, pertencía orixinalmente a esta igrexa (agora atópase no museo sueco de historia) Igrexa de Visborg 150px Catedral de Visby 150px Oficialmente catedral de Santa María de Visby () Igrexa católica de Visby 150px Pertencente á Igrexa católica; oficialmente igrexa do Corpo de Cristo Igrexa de Vårdklockan 150px Pertencente á Igrexa unida de Suecia Igrexa de Vänge 150px Igrexa de Väskinde 150px Igrexa de Västergarn 150px Igrexa de Västerhejde 150px Igrexa de Väte 150px Igrexa de Öja 150px Acolle unha famosa cruz triunfal gótica (na imaxe): 75px Igrexa de Östergarn 150px

Notas

Categoría:Igrexas de Suecia Categoría:Listas de arte e cultura Categoría:Condado de Gotland