San Melquíades, nado en África, forma parte da categoría de papas africanos. Foi bispo de Roma desde 311 ata súa morte o 10 ou o 11 de xaneiro de 314.

Historicamente, foi o primeiro papa que se beneficiou de favores dun emperador romano: Maxencio, quen levantando as medidas represivas contra os cristiáns, autorizou a súa elección no ano 311, cando o bispado romano levaba xa varios anos vacante.

Despois da eliminación de Maxencio por Constantino I, a nai deste último ofreceulle o pazo de Letrán, que formaba parte das posesións imperiais. Foi así, como o papa organizou o concilio rexional de Letrán no 313, para debater sobre a elección do bispo de Cartago, que fora contestada polos donatistas.

Aínda que semella que morreu de causas naturais, é considerado como mártir. A súa conmemoración é o 10 de decembro.

Notas

Categoría:Papas Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Finados en 314