miniatura|right|250px|Mapa dos países participantes. O Tour de Francia 2015 foi a 103ª edición do Tour de Francia, a carreira ciclista máis importante do mundo. A edición deste ano disputouse entre os días 2 e 24 de xullo de 2016. O percorrido contou con 21 etapas e 2 días de descanso, das cales 9 eran de alta montaña, 2 de contra o reloxo (unha individual normal e unha cronoescalada), 1 de media montaña e outras 9 maioritariamente chás deseñadas para sprinters. Ademais, este trazado tamén se caracterizou por ter discorrido por 4 países. Estes son: España, Andorra e Suíza ademais de Francia.
O pistoletazo de saída do Tour deuse no Mont Saint-Michel, rexión da Normandía e finalizou, coma é habitual, co paseo arredor do circuíto polo centro de París e que ten a meta na Avenida dos Campos Elisios. Esta proba foi a décimo novena no circuíto UCI WorldTour 2016.
A carreira gañouna por terceira vez (segunda consecutiva) o inglés nado en Kenya Christopher Froome. O ciclista do Team Sky demostrou a súa superioridade en todos os terreos (ata correndo a pé) e venceu por unha gran diferenza, debido tamén á axuda que lle prestou o seu equipo, demostrando ser unha estrutura moi forte e case infranqueábel. Tralo inglés rematou o local Romain Bardet que atacou na antepenúltima etapa saltando da quinta posición á segunda. No terceiro lugar acabou o Colombiano Nairo Quintana que era un gran favorito para a vitoria final pero que decepcionou ao non ser o mellor nos Alpes.
Dentro das clasificacións secundarias, o eslovaco Peter Sagan logrou o seu quinto maillot verde consecutivo por unha grande diferenza, que se tornou en maior logo de que a revelación do vello sprinter Mark Cavendish con catro etapas, se retirara para preparar o ciclismo en pista dos Xogos Olímpicos de Río. Ademais, o eslovaco do Tinkoff tamén logrou o premio supercombativo. Na clasificación do mellor escalador, o polaco Rafał Majka conseguiu a súa segunda vitoria nesta clasificación, logo de vencer por unha ampla vantaxe de puntos ao igual que o seu compañeiro de equipo na clasificación dos puntos. Entre os xoves, o compatriota do maillot amarelo, Adam Yates venceu tras unha bonita pelexa co surafricano Louis Meintjes. O mellor equipo volveu ser por terceiro ano seguido o Movistar Team.
Equipos participantes Na competición participaron 22 equipos diferentes, 18 da categoría UCI World Tour e 4 da categoría Profesional Continental invitados pola organzación (Cofidis, Solutions Crédits, Bora-Argon 18, Fortuneo-Vital Concept e Direct Énergie). En total tomaron a saída 198 ciclistas (9 participantes por equipo). EquipoCód.UCICategoríaXefe de filas Team Sky AST UCI World Tour Chris Froome Movistar Team MOV UCI World Tour Nairo Quintana Astana AST UCI World Tour Fabio Aru Tinkoff TNK UCI World Tour Alberto Cntador Ag2r-La Mondiale ALM UCI World Tour Romain Bardet Team LottoNL-Jumbo TLJ UCI World Tour Wilco Kelderman Trek-Segafredo TFS UCI World Tour Bauke Mollema IAM Cycling IAM UCI World Tour Mathias Frank Cannondale-Drapac CDT UCI World Tour Pierre Rolland BMC Racing Team KAT UCI World Tour Richie Porte e Tejay van Garderen Dimension Data DDD UCI World Tour Mark Cavendish Team Giant-Alpecin TGA UCI World Tour Warren Barguil FDJ FDJ UCI World Tour Thibaut Pinot Bora-Argon 18 BOA Prof.Continental Emanuel Buchmann Team Katusha KAT UCI World Tour Joaquim Rodríguez Lampre-Merida LAM UCI World Tour Rui Costa Lotto-Soudal LTS UCI World Tour André Greipel Direct Énergie DEN Prof.Continental Bryan Coquard Etixx-Quick Step EQS UCI World Tour Marcel Kittel Cofidis, Solutions Crédits COF Prof.Continental Daniel Navarro Orica-BikeExchange OBE UCI World Tour Simon Gerrans Fortuneo-Vital Concept FVC Prof.Continental Eduardo Sepúlveda
Regulamento Clasificación por puntos En todas as etapas danse puntos para esta clasificación. Segundo o coeficiente de cada etapa, outórganse puntos de diferente maneira, en todos eles se reparten puntos aos 15 primeiros: Coeficiente 1 (etapas sen dificultades): 50, 30, 20, 18, 16, 14, 12, 10, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2. Coeficiente 2 e 3 (etapas con percorrido accidentado): 30, 25, 22, 19, 17, 15, 13, 11, 9, 7, 6, 5, 4, 3 e 2. Coeficiente 4 e 5 (etapas de gran dificultade): 20, 17, 15, 13, 11, 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2. Contrarreloxos individuais: 20, 17, 15, 13, 11, 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2. Sprints intermedios: 20, 17, 15, 13, 11, 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2. Hai un en cada etapa.
Clasificación da montaña Para esta clasificación, repártense puntos aos primeiros ciclistas que coroan os portos puntuábeis. Os portos clasifícanse en 5 categorías, dende a Categoría Especial ou HC até a 4ª categoría. Cando os finais son en alto, a puntuación do porto é dobre. Segundo a categoría de cada porto repártense os puntos da seguinte maneira: Categoría Especial ou HC: 25, 20, 16, 14, 12, 10, 8, 6, 4, 2 do 1.º ao 10.º 1ª categoría: 10, 8, 6, 4, 2, 1 do 1º ao 6º 2ª categoría: 5, 3, 2, 1 do 1º ao 4º 3ª categoría: 2, 1 ao 1º e o 2º 4ª categoría: 1 ao 1º
Etapas As 21 etapas do Tour de Francia 2016 consistiron en 9 de alta montaña, 2 contrarreloxos (unha individual normal e unha cronoescalada), 1 de media montaña e 9 chás deseñadas para un final ao sprint. Nunha das etapas, a 12ª con final previsto no Mont Ventoux, a organización tivo que acurtar a ascensión ao mítico porto por mor dos fortes refachos de vento existentes nos derradeiros quilómetros. Esta etapa foi unha das máis espectaculares de toda a historia do Tour pola lea montada logo de que unha moto atropelara a un afeccionado e fixera que Froome, Porte e Mollema que ían escapados caeran. Isto deu lugar á histórica imaxe do inglés correndo a pé pola subida despois de deixar tirada a súa bicicleta rota polo choque.
Etapa Data Percorrido km Gañador Líder 1.ª 2 de xullo Mont Saint-Michel-Utah Beach 188 Mark Cavendish Mark Cavendish 2.ª 3 de xullo Saint-Lô-Cherbourg-en-Cotentin 183 Peter Sagan Peter Sagan 3.ª 4 de xullo Granville-Angers 223,5 Mark Cavendish Peter Sagan 4.ª 5 de xullo Saumur-Limoges 237,5 Marcel Kittel Peter Sagan 5.ª 6 de xullo Limoges-Le Lioran 16px|Etapa de media montaña 216 Greg Van Avermaet Greg Van Avermaet 6.ª 7 de xullo Arpajon-sur-Cère-Montauban 190,5 Mark Cavendish Greg Van Avermaet 7.ª 8 de xullo L'Isle-Jourdain–Lac de Payolle 16px|Etapa de montaña 162,5 Stephen Cummings Greg Van Avermaet 8.ª 9 de xullo Pau-Bagnères-de-Luchon 16px|Etapa de montaña 184 Chris Froome Chris Froome 9.ª 10 de xullo Viella- Ordino-Arcalís 16px|Etapa de montaña 184,5 Tom Dumoulin Chris Froome 10.ª 12 de xullo Escaldes-Engordany-Revel 16px|Etapa de montaña 197 Michael Matthews Chris Froome 11.ª 13 de xullo Carcasona-Montpellier 162,5 Peter Sagan Chris Froome 12.ª 14 de xullo Montpellier-Chalet Reynard 16px|Etapa de montaña 195 Thomas De Gendt Chris Froome 13.ª 15 de xullo Bourg-Saint-Andéol–Caverne du Pont-d'Arc 16px 37,5 (CRI) Tom Dumoulin Chris Froome 14.ª 16 de xullo Montélimar-Villars-les-Dombes 208,5 Mark Cavendish Chris Froome 15.ª 17 de xullo Bourg-en-Bresse-Culoz 16px|Etapa de montaña 160 Jarlinson Pantano Chris Froome 16.ª 18 de xullo Moirans-en-Montagne- Berna 209 Peter Sagan Chris Froome 17.ª 20 de xullo Berna- Finhaut 16px|Etapa de montaña 184,5 Ilnur Zakarin Chris Froome 18.ª 21 de xullo Sallanches-Megève 16px 17(CREsc) Chris Froome Chris Froome 19.ª 22 de xullo Albertville-Saint-Gervais-les-Bains 16px|Etapa de montaña 146 Romain Bardet Chris Froome 20.ª 23 de xullo Megève-Morzine 16px|Etapa de montaña 146,5 Ion Izagirre Chris Froome 21.ª 24 de xullo Chantilly-París 113 André Greipel Chris Froome Total 3.529 Chris Froome
Clasificación xeral A seguinte táboa amosa as vinte primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate do Tour 2015: PosiciónCiclistaEquipoTempo 25px Chris Froome Team Sky 89h 04' 48" 2 Romain Bardet AG2R La Mondiale + 4' 05" 3 Nairo Quintana Movistar Team + 4' 21" 4 Adam Yates 25px Orica-BikeExchange + 4' 42" 5 Richie Porte BMC Racing Team + 5' 17" 6 Alejandro Valverde Movistar Team + 6' 16" 7 Joaquim Rodríguez Team Katusha + 6' 58" 8 Louis Meintjes Lampre-Merida m.t. 9 Daniel Martin Etixx-Quick Step + 7' 04" 10 Roman Kreuziger Tinkoff + 7' 11" 11 Bauke Mollema Trek-Segafredo + 13' 13" 12 Sergio Henao Team Sky + 18' 51" 13 Fabio Aru Astana + 19' 20" 14 Sébastien Reichenbach FDJ + 24' 59" 15 Geraint Thomas Team Sky + 28' 31" 16 Pierre Rolland Cannondale-Drapac + 30' 42" 17 Mikel Nieve Team Sky + 38' 30" 18 Stef Clement IAM Cycling + 38' 57" 19 Jarlinson Pantano IAM Cycling + 38' 59" 20 Alexis Vuillermoz AG2R La Mondiale + 42' 28"
Outras clasificacións Clasificación por puntos Pos.CiclistaEquipoPuntos 25px Peter Sagan 25px Tinkoff 470 2 Marcel Kittel Etixx-Quick Step 228 3 Michael Matthews Orica-BikeExchange 199 4 André Greipel Lotto-Soudal 178 5 Alexander Kristoff Team Katusha 172
Clasificación da montaña Pos.CiclistaEquipoPuntos 25px Rafał Majka Tinkoff 209 2 Thomas De Gendt Lotto-Soudal 130 3 Jarlinson Pantano IAM Cycling 121 4 Ilnur Zakarin Team Katusha 84 5 Rui Costa Lampre-Merida 76
Clasificación dos xoves Pos.CiclistaEquipoTempo 25px Adam Yates Movistar 89h 09' 30" 2 Louis Meintjes Lampre-Merida 2' 16" 3 Emanuel Buchmann Bora-Argon 18 42' 58" 4 Warren Barguil Giant-Alpecin 47' 32" 5 Wilco Kelderman LottoNL-Jumbo 1h 19' 56"
Clasificación por equipos Pos.EquipoTempo 25px Movistar Team 267h 20' 45" 2 Team Sky 8' 14" 3 BMC Racing Team 48' 11" 4 AG2R La Mondiale 56' 50" 5 Astana 1h 16' 58"
Premio da combatividade PosiciónCiclistaEquipo 25px Peter Sagan 25px Tinkoff
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do Tour
Categoría:Ciclismo en 2016 Categoría:Tour de Francia