O castro de Fisteus é un poboado castrexo situado no lugar do Castro, no concello de Curtis.Castros da provincia da Coruña, Curtis
Está situado nunha pequena elevación natural no medio da chaira, entre prados e preto do río Mendo. Ten forma case circular de 80 m de SL-NO e 60 m no eixo NL-SO cuns muros dus 5 metros de altura. O antecastro duns 30 metros estaba ao SL. Nos finais dos anos 1950 o castro estaba ben delimitado facendo de linde entre leiras cun valado no eixo NL-SO. Nos inicos dos anos 2000 aínda eran visibles as estruturas. Dende entón a metade NO e o antecastro foron destruídos para facer prados. Consérvase parte da metade SL.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa
Fisteus