A herba becerra ou herba do canNomenclatura vernácula da flora vascular galega. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009 Antirrhinum majus é unha especie de planta da familia das plantaxináceas de talo ergueito, con follas simples, opostas na base do talo e alternas máis arriba e flores en acios de distintas cores, de forma característica, nativa do Mediterráneo, desde Marrocos, Portugal e sur de Francia, até o leste de Turquía e Siria.Flora Europaea: Antirrhinum majusGermplasm Resources Information Network: Antirrhinum majus
Descrición Planta bienal até perenne, de 1,5–2 m de altura, coa base algo leñosa, máis ou menos ramificada, ascendente até recta, desigualmente vilosa e glandulosa. Follas inferiores opostas, as superiores alternas, lineares, de 1–7 cm de longo e 1–25 mm de ancho, sésiles, de marxes enteiras, de base acuñada. Inflorescencias en acios terminais. Cáliz de até 8 mm de longo, con sépalos de igual lonxitude, oblongos até largos. Corola vermello púrpura, de até case 5 cm de longo, cun labio superior bilobado e un inferior dividido en tres partes. Tubo corolino pechado por 2 prominencias avultadas. 4 estames no tubo corolino. Cápsula de até 14 mm de longo, gladulosa até glabra, oblonga, con tres poros.
Hábitat Pedregueiras, rochedos, paredes, pendentes pedrentas.
Distribución Mediterráneo de España até Turquía e Siria. Cultivada e moi estendida. miniatura|Antirrhinum majus subsp. linkianum. miniatura|Ilustración miniatura|Detalle da flor miniatura|Nun selo postal de Rusia miniatura|Inflorescencia miniatura|Cultivar
Cultivo e usos As diversas especies son plantadas en xardíns polas súas flores. É tratada como planta anual, especialmente en zonas frías onde non sobrevive ao inverno. Numerosos cultivares están dispoñíbeis, incluíndo plantas con flores de cor lavanda, laranxa, rosa, amarela, ou brancas, e tamén cunha floración simétrica.Huxley, A, ed. (1992).
Propiedades Principios activos: contén mucilaxes, ácido gálico, resinas, pectina, rinantina, amargos.
Indicacións: é emoliente tópico. Antifloxístico, resolvente. Adstrinxente, detersivo, antiescorbútico, hepático, diurético. É eficaz contra as inflamacións, úsase para as almorrás. Utilizouse en gargarexos contra ulceraciones da cavidade bucal. Internamente en colite e pirose. Externamente, como cataplasmas, sobre os eritemas.
Estudos no desenvolvemento da simetría bilateral O desenvolvemento da monosimetría floral foi investigado mediante o uso de xenética molecular e un dos modelos máis usados neste eido foi a herba becerra (xénero Antirrhinum). Como primeiro modelo foi usada a especie Antirrhinum majus. En termos adaptativos a monosimetría semella evolucionar varias veces de forma independente a partir da simetría radial debido a que é un sistema exitoso en relación ao gran potencial para a precisión dos mecanismos de polinización por animais.ALMEIDA & GALEGO, 2005
Taxonomía Antirrhinum majus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 617. 1753. Etimoloxía Antirrhinum: nome xenérico que deriva do grego anti = "como," e rhinon = "nariz," por mor de que as flores semellan teren un nariz.En Nomes botánicos
majus: epíteto latino que significa "maior".En Epítetos Botánicos Subespecies Hai 5 subespecies: Antirrhinum majus subsp. majus. Sur de Francia, nordés de España Antirrhinum majus subsp. cirrhigerum (Ficalho) Franco. Sur de Portugal, suroeste de España Antirrhinum majus subsp. linkianum (Boiss. & Reut.) Rothm. Oeste de Portugal (endémica) Antirrhinum majus subsp. litigiosum (Pau) Rothm. Sueste de España aínda que tamén se atoparon no oeste do mesmo país. Antirrhinum majus subsp. tortuosum (Bosc) Rouy Sinonimia Antirrhinum grandiflorum Stokes Antirrhinum hispanorum Bordère ex Rothm. Antirrhinum latifolium var. purpurascens Benth. Antirrhinum majus var. ongipedunculatum Regel Antirrhinum majus var. peloria Migout Antirrhinum majus var. pseudoma jus. Antirrhinum murale Salisb. Antirrhinum vulgare Bubani
Notas
Véxase tamén
Categoría:Antirrhinum Categoría:Flores Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora da conca mediterránea