O Grupo Farmacéutico Chiesi é unha compañía farmacéutica multinacional con sede en Parma.

Historia Fundada en 1935, Chiesi centra as súas actividades no desenvolvemento de fármacos para o aparello respiratorio, cardiovascular, muscular, esquelético e para neonatoloxía. Ademais dos fármacos desenvolvidos nos propios laboratorios de Chiesi, tamén ten unha política de alianzas con moitas empresas farmacéuticas internacionais. A compañía ten arredor de 3.500 empregados entre Italia e as súas sedes no resto do mundo. Ademais, ten 550 patentes internacionais e emprega a aproximadamente 300 investigadores de centros de investigación en Parma, París e Rockville, Estados Unidos.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do grupo internacional

Categoría:Empresas farmacéuticas Categoría:Empresas de Italia