miniatura|340px|Sede da Royal Society, en Carlton House Terrace, 6-9 (Londres). Unha sociedade científica é unha asociación de profesionais, investigadores, especialistas ou eruditos dunha rama do coñecemento ou das ciencias en xeral, que lles permite reunirse, expoñer os resultados das súas investigacións, confrontalos cos dos seus colegas ou especialistas dos mesmos dominios do coñecemento e difundir os seus traballos a través de publicacións especializadas.
Historia Algunhas das sociedades científicas máis antigas son a Accademia dei Lincei (1603), a Academia francesa (1635), a Academia alemá das ciencias naturais – Leopoldina (1652), a Royal Society de Londres (1660) e a Academia de Ciencias de Francia (1666). No continente americano a máis antiga é a Sociedad Mexicana de Geografía y Estadística (1833).Sociedad Mexicana de Geografía y Estadística .
Características A estrutura, obxectivos e actividades das sociedades científicas réxense de acordo a uns estatutos propios, regulados segundo as leis nacionais e internacionais. Entre as súas actividades adoitan incluírse as de tipo docente (cursos, talleres, seminarios, congresos, etc.) investigacións (teóricas ou aplicadas) e publicacións (libros, revistas, etc.). Como valor engadido conseguen o prestixio, tanto dos seus membros como o da organización que os vertebra. As sociedades científicas denomínanse, xeralmente, en función do territorio que abarcan (internacional, nacional, rexional ou local) e da rama do saber que estudan (medicina, literatura, etc.); as organizacións pequenas adoitan federarse con outras afíns para crear asociacións de rango superior.Jordi Ruscalleda. Misión de las Sociedades Científicas en el futuro del Diagnóstico por la Imagen. Enfoque Neuroradiológico. .
As sociedades científicas adoitan asesorar a gobernos e institucións públicas ou privadas sobre os coñecementos que as fundamentan mediante informes técnicos ou exemes periciais.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Comunidade científica Revistas científicas Royal Society Sociedade Linneana de Londres Sociedade Max Planck Sociedade Galega de Historia Natural Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Metabolismo e Nutrición Sociedade Galega de Contracepción
Ligazóns externas Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE) Índice de sociedades científicas-médicas de Chile (Ministerio de Saúde - Goberno de Chile) Índice de sociedades científicas de profesionales sanitarios de España (Ministerio de Sanidade - Goberno de España)