Fogars de Montclús é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.
Etimoloxía O nome do concello componse dun simple e doutro composto. Así, Folgars provén do latín filicarias que quere dicir folgueira, ou lugar onde abundan os fentos. Por outra banda Mont vén da palabra latina montis. Por último Clus ven do latín vulgar cluso que significa pradería pechada para o pasto do gado. O nome de Fogars tense atopado en documentos do século XI, namentres que o de Montclús dátase do século XIII.
Xeografía O concello atópase en pleno Parque Natural do Montseny. Así presenta varios cumios de importancia coma o Turó de l'Home (1712 metros), Les Agudes (1.706 metros), o Turó Gros (1651 metros) e o Turó do Morou (1307 metros). Trátase dun concello de montaña onde a poboación está dispersada entre varias entidades de poboación. A entidade principal é o de Mosqueroles, que conta coa igrexa de Sant Martí de Mosqueroles e co edificio do concello. Outras entidades salientábeis son o Pertegàs, A Costa do Montseny ou a coñecida coma Fogars de Montclús, que dá nome a todo o concello.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do concello
Fogars de Montclús