Unidos Podemos (Podemos-IU-Equo) é unha coalición electoral española conformada por Podemos, Izquierda Unida, Equo e outras formacións de esquerdas, constituída o 13 de maio de 2016 para presentarse ás eleccións xerais do mesmo ano.

Presentouse en todas as circunscricións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, excepto nas catalás (onde se presentou a coalición En Comú Podem-Guanyem el Canvi), valencianas (onde se presentou a coalición Compromís-Podemos-EUPV: A la valenciana) e galegas (onde se presentou a coalición En Marea) a ambas as Cámaras e en Eivissa-Formentera ao Senado (onde se presentou a coalición Podemos-EU-Más).

Integrantes De acordo co escrito de constitución de coalición electoral presentado ante a Xunta Electoral Central, estes foron os partidos políticos ou federacións de partidos integrantes:

Podemos Izquierda Unida Equo Més per les Illes Balears Batzarre-Asamblea de Izquierdas Unidad Popular en Común Izquierda Asturiana Construyendo la Izquierda-Alternativa Socialista Segoviemos Izquierda Castellana Democracia Participativa

Negociacións infrutuosas Tamén houbo negociacións para a confluencia que non chegaron a ter éxito:

A Chunta Aragonesista non quería ocupar o terceiro posto na lista de Zaragoza proposto pola coalición. O partido ecoloxista e animalista Pacma considerou que a coalición non aseguraba a prohibición dos festexos taurinos. O secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español, Pedro Sánchez, rexeitou a proposta de ir con Unidos Podemos en listas conxuntas ao Senado, ​incluso na Comunidade Valenciana, onde a oferta contaba co apoio do PSPV.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Podemos Izquierda Unida Equo

Categoría:Organizacións políticas de España Categoría:Podemos